(Santiago, 25-2-15) O CERMI Galicia (Comité de Entidades Representantes de persoas con Discapacidade de Galicia) presenta en rolda de prensa a Iniciativa Lexislativa Popular “Afirma os teus dereitos, asina contra o copagamento confiscatorio” coa que pretende responderlle á Administración que está en desacordo cos criterios de copagamento na Lei de Autonomía Persoal e Dependencia.
Dende o CERMI Galicia lanzan unha campaña, que é de ámbito nacional, coa que se pretende recoller 500.000 sinaturas de persoas con discapacidade, maiores, familias, profesionais dos servizos sociais, voluntariado e á cidadanía en xeral, para que consignen a súa firma de apoio a esta acción.
Con esta Iniciativa Lexislativa Popular preténdese que exista unha exención de copagamento a quen perciba menos de 1.331 euros (2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, IPREM), que se fixe unha aportación máxima por persoa que non sexa superior ao 60% do custe do servizo e tamén que se lle garanta ápersoa en situación de dependencia unha cantidade para destinar a gastos persoais que non sexa inferior ao 40% da súa capacidade económica.
Segundo apuntou o Presidente de CERMI Galicia, Anxo Queiruga, durante a rolda de prensa, as razóns polas que as entidades da discapacidade nos unimos a esta campaña de non ao copagamento confiscatorio é porque “ o actual sistema de copagamento en Dependencia levou a millóns de persoas a unha situación extrema, onde moitas persoas en situación de dependencia foron expulsadas do sistema e impedíuselles o exercicio dos seus dereitos sociais. Temos o exemplo de que hai comunidades autónomas nas que as persoas en situación de dependencia deben aportar hasta un 90% do custe do servizo, polo que esta situación forzou a sacar a persoas en situación de dependencia de recursos non domiciliarios, tiveron que abandonalos e volver ás súas casas, a costa da inclusión e da autonomía persoal”.
Outras das razóns, segundo Queiruga para apoiar esta campaña son que “entre 2009 e 2013 a media da cantidade que aportan as persoas beneficiarias do sistema de dependencia polas axudas que reciben disparouse un 68% e por primeira vez, as persoas beneficiarias aportan máis ao sistema que a Administración”.
Dende CERMI Galicia piden unha solución que lle vén demandada por cidadáns e cidadás prexudicados coa actual norma de copagamento. E esta solución pasa por unha aplicación máis xusta e realista da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia con criterios de copagamento claros e equitativos; que a vida dunha persoa non dependa de onde resida, e ninguén quede fóra do sistema por non dispoñer de recursos; a modificación legal que expón o CERMI é unha necesidade para non baleirar de dereitos unha Lei que costou moito esforzo conseguir.
Para CERMI, esta reivindicación que apoia non só a sociedade senón profesionais, persoas expertas e analistas, trata dereitos de todas e todos xa que ninguén queda exento da posibilidade de verse en situación de dependencia algunha vez, polo que, segundo Anxo Queiruga “facemos un chamamento a toda a cidadanía para que actúe e afiance os seus dereitos asinando Non ao copagamento confiscatorio”.
Por último, a través desta campaña preténdese que toda a sociedade se comprometa coas persoas que peor están, non trata de conquistar novos dereitos, senón de non retroceder en dereitos xa adquiridos e trátase de cumprir a Constitución e que todas as persoas en situación de dependencia sexan consideradas iguais polo sistema á marxe do territorio no que naceran.
As persoas que estean interesadas en asinar a LIP, poden facelo contactando con calquera das entidades que forman parte do CERMI Galicia e tamén a través do enderezo electrónico https://www.mifirma.com/proposals/52.
CERMI Galicia
O Comité de Entidades Representantes de persoas con Discapacidade de Galicia constitúese coma unha organización con vocación autonómica, sen ánimo de lucro e coa finalidade de participar plenamente na vida social da Comunidade Autónoma Galega, para defender os dereitos das persoas con discapacidade.
O CERMI Galicia comeza a súa andaina na nosa comunidade no ano 1999. Coa misión facer valer, dentro da circunscrición autónoma, a diversidade do colectivo que representa, e velar polo mantemento das melloras conseguidas, así como contribuír á xeneralización das realidades positivas logradas.
CERMI Galicia, que representa a 235.000 galegas e galegos con discapacidade, está formada por estas entidades:
COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade)
FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de Asociacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia)
FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia)
ONCE(Organización Nacional de Cegos de España en Galicia)
FEAFES GALICIA (Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia)
DOWN GALICIA(Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down)
AUTISMO GALICIA(Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo de Galicia)
FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral)
FAGAL (Federación de asociacións Galegas de enfermos de Alzheimer e outras Demencias)
ASPACE GALICIA (Federación Galega de Asociacións de Atención á Parálise Cerebral)





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



