“O Partido Popular predica pero non practica a transparencia como o evidencia a súa oposición á toma en consideración dunha Lei de Publicidade Institucional” afirma a deputada do Bloque Nacionalista Galego Montse Prado. Para a parlamentaria nacionalista “é esperpéntico e vergoñento que se opuxeran esta semana a debater esa cuestión, cando Alberto Núñez Feijoo prometeu a inmediata presentación desa lei, en nove ocasións nos últimos seis anos”.
“Non queren regular as axudas aos medios de comunicación, non desexan transparencia, porque están cómodos na opacidade, repartindo discrecionalmente e con amiguismos unha cantidade que ronda os dez millóns de euros anuais” indica Montse Prado, salientando que a Xunta se nega a ofrecer no Parlamento esa cantidade global. “Esa situación é cada vez máis insoportable para a cidadanía que reclama con máis forza o bó uso dos recursos públicos” salienta.
Para Prado é inconcebible que “se incumpra reiteradamente o Estatuto de Autonomía e o seu mandato de potenciar o galego, mantendo aos medios de comunicación que empregan esta lingua, con faragullas”. Na proposición de Lei presentada esta semana polo BNG, a partir do texto remitido pola Asociación de Medios en Galego, reclamábase igualmente, a obrigatoriedade de estabilidade e criación de emprego para os medios que reciban subvencións e axudas públicas”.
A LPI propoñía garantir a utilidade pública e a transparencia das campañas institucionais de publicidade. Implicaba a erradicación daquelas campañas que teñan como finalidade ensalzar o labor do goberno.
A Lei recollía a elaboración dun informe anual con todas as campañas contratadas no exercicio e a relación dos adxudicatarios dos convenios asinados con medios de comunicación. Propoñía tamén a elaboración dun plan anual de publicidade e comunicación. Asimesmo instábase a excluir das campañas institucionais de publicidade aqueles medios que inclúan publicidade da prostitución.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



