CADERNOS DA VIAXE. O grande traballo do reporteiro galego Xaquín López para TVE ven de demostrar que a morte do seareiro deportivista Jimmy, o pasado 30 de novembro, non ocorreu das resultas de ningunha liorta concertada, senón da actuación unilateral dos seareiros da fronte madrileña, que atacaron se provocación ningunha aos seareiros deprotivistas cando almorzaban preto do estadio colchoneiro, contra ás 8.30 da mañá daquel domingo negro.
Xa ficara demostrado que o mando policial galego advertira da viaxe dos seareiros coruñeses e de que a delegada do Goberno de Madrid, Cristina Cifuentes mentiu. E agora cae o relato que cociñaron os “media” en Madrid para explicarmos o que pasou en clave de equidistancia e mesmo de provocación branca e azul: “quedaron uns radicais galegos cuns rapaces da Fronte Atlética, bateron entre eles e morreu un galego de moi mala vida”.
Iso foi o que nos contaron e o que lles mercaron non poucos galegos, vía determinado medio coruñés. Pouca conciencia do propio amosan aqueles que non son quén a contar o que nos pasa dende a propria percepción e que recorren a un relato importado que degrada aos nosos. Malia que cumpra deixar ben clariño que a TVG e a maioría dos nosos media souberon contar o que pasaba e o que se ía descobrindo.
Cómpre rachar de vez con esa cínica equidistancia e dicir ben claro a realidade. A organización chamada Frente Atlético, canda os teoricamente disoltos Ultrassur son grupos que partillan unha ideoloxía parafascista e, cando menos, de extrema dereita españolista e rexeitan violentamente calquera idea ou identidade que non sexa a súa. As sucesivas directivas atléticas apoiaron estes extremistas (como denunciou Eduardo Inda, ex director do Marca e pouco sospeitoso de pertencer aos Riazor Blues) e non pasaba nada. Os nosos Blues abranguen unha mesta largura de seareiros, moitos de tendencia progresista, mais de ningún xeito unitarios nas súas tendencias. E que, claro, coma sempre pasa no fútbol, acollen algunhas persoas non moi acaídas nin equilibradas. Grande minoría a respecto da maioría extremista dos atléticos.
Velaí que teñamos que pensar dun xeito á galega de combater esa violencia que tanto lle preocupa, de xeito súpeto, a eses inimigos do deportivismo que se chaman Tebas e os seus compañeiros de quenda.
Xoán Antón Pérez-Lema




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



