Lugo, 13 de febreiro de 2015.- Nas próximas datas vaise proceder a aprobación de diversas medidas relacionadas coa aplicación do paquete lácteo no estado español. Como se pode comprobar esta serie de medidas teñen unha importancia crucial en Galiza, debido o peso que este sector ten no noso pais, representando mais do 60% do total das explotacións do estado español.
Un dos aspectos que se van a regular no desenrolo do paquete, é a creación de OPL(organización de produtores de leite), co fin de poder exercer como negociadores coas empresas, a dia de hoxe existen algunhas OPLs creadas no estado español, sen saber moi ben para que serven, pero dende logo os requisitos que imperan actualmente para poder formar estas organizacións, dificultan a súa creación, especialmente no estado español. As condicións para a creación dunha organización de produtores lácteos, son distintas en cada estado, en estados como Dinamarca ou Italia, as esixencias pasan por ter un mínimo de 5 explotacións gandeiras e un mínimo de 3000 tn, estamos a falar de estados cunha produción elevada e cun peso importante no sector lácteo europeo, pola contra no estado español esixen para poder formalizar unha organización deste tipo un mínimo de 200000 Tn, o cal xera mais dificultades para a súa creación.
Dende a Federación Rural Galega (FRUGA), demandamos do ministerio de medio ambiente rural e mariño, que os requisitos para a creación dunha OPL sexan similares a outros estados da Unión Europea, recoñecendo que no futuro as negociacións do prezo do leite van pasar por este tipo de organizacións. Para o cal tódalas explotacións deben ter as máximas facilidades para poder formar parte dunha organización de produtores de leite.
Nestes días, tamén aparecen novas sobre a suba do prezo do leite que se deu durante o ano 2014 no conxunto da UE, producíndose alzas de entorno ó 2%, cun prezo medio de 38,03 euros/tn, con algún estado que chegou a 44,67 euros/tn como é o caso de Italia, estado no cal existen unhas condicións que favorecen a interlocución entre gandeiros e industria. Fronte a esta situación, vemos o caso de Galiza, no cal se produciron baixas de entorno a 6 ou 7 euros/tn, co cal podemos observar como a dia de hoxe estamos a cobrar os prezos mais baixos da UE, e sen entender como as subas que se producen noutros estados non repercuten de forma directa nas explotacións galegas. Evidentemente a dia de hoxe a produción de leite neste país foi a grande esquecida do goberno galego, e unha boa parte das explotacións lácteas galegas están pasando por momentos de enormes dificultades como consecuencia dos baixos prezos que están a percibir por litro de leite.
FRUGA, sempre demandou a posta en marcha dos órganos interprofesionais que funcionaron noutras etapas, e que dende a chegada de Feijoó a presidencia da Xunta, ou desapareceron ou praticamente non se convocan, como é o caso da mesa do leite.
A día de hoxe a Consellería de Medio Rural, debe liderar a política láctea que se vai aplicar no estado español, especialmente no que respecta a aplicación do paquete lácteo.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



