Alfoz, 17 de febreiro de 2015.- Tras 8 anos como concelleiro en Alfoz e unha intensa etapa de traballo na que el e o seu equipo se amosaron como a única alternativa ó PP, anuncia con tan só 34 anos que non encabezará ningunha candidatura para as vindeiras eleccións municipais.
“Despois de 8 anos como concelleiro en Alfoz, de desempeñar un intenso traballo pola defensa dos intereses dos veciños de Alfoz e tamén dos do Val do Ouro no seu conxunto, faigo un balance moi positivo desta etapa na que o grupo que formamos medrou electoralemnte sempre, elección tras elección con independencia do tipo que fora”.
“Actualmente, ante o plantexamento de cousas como acadar a alcaldía, a día de hoxe resultaríame imposible compatibilizala coa miña actividade profesional polo que me vexo obrigado a tomar esta decisión, síntoo enormemente por todas as persoas que me animaban e desexaban que continuara pero a realidade obrígame a tomar esta decisión”.
“Seguirei implicado activamente na defensa dos intereses do Val do Ouro e dos seus veciños aínda que dende outras ópticas”.
Iván Marrube foi tamén o promotor do intento de fusión dos concellos de Alfoz e Valadouro que a xunta ten paralizado a base de mentiras e enganos. Seguirá vinculado a primeira liña política como membro da executiva de Compromiso partido no que milita actualmente.