Burela, 1 de febreiro de 2015. O alcalde de Burela, José María González Barcia, foi o encargado de dar a saída oficial á II Ruta da Merluza organizada polo Club Ciclista Burela, xunto co presidente de dito Club, Manuel Yáñez. Ámbolos dous cortaron a cinta de rigor, logo de que presidente e rexedor se dirixiran aos participantes, case 350, que retaron aos 36 kms de percorrido e tamén a unha meteoroloxía moi rigorosa.
González Barcia, alcalde de Burela, manifestou na súa intervención que “resulta unha magnífica idea divulgar un concello a través dunha proba deportiva que conxuga a práctica do ciclismo coa gastronomía, neste caso coa degustación de pescada de Burela, da que traen a porto os nosos barcos”.
O rexedor indicou que “é de xustiza recoñecer o mérito que ten organizar unha proba desta entidade, polo que agradecemos ao Club Ciclista Burela o seu empeño, así como a ABSA a doazón da suficiente pescada para que os participantes saiban recoñecer o sabor e o valor do peixe e o mérito dos que a traen a porto”.
O alcalde burelés engadiu: “por iso desde o Concello apoiamos esta iniciativa, poñendo a dispor da organización o persoal e os medios físicos precisos para que a proba sexa un éxito e que non haxa ningún contratempo, de forma que todos os participantes se leven un bo sabor de boca, e nunca mellor dito”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



