Bernardo Fraga Galdo, en nome e representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, presenta ao Pleno da Corporación Municipal de Viveiro unha moción “para unha piscina de todos, pública e de calidade”.
O Concello de Viveiro ten entre os seus servizos o da Piscina Municipal, un servizo público que garante a práctica de diversos deportes entre as veciñas e veciños de Viveiro, e incluso serve como unha mellora na saúde e calidade de vida das persoas.
A piscina municipal, foi xestionada pola empresa Gaia, durante 10 anos. Unha vez extinta a concesión, foi preciso a realización de obras de reparación, motivo polo cal a piscina de Viveiro, estivo pechada durante varios meses no ano 2010.
A día de hoxe, a piscina está mal xestionada pola empresa municipal TURVIVEIRO empresa que naceu, lembremos, para a xestión do Porto Deportivo. Unha vez roubada a concesión do porto deportivo por parte da Xunta de Galicia, o goberno socialista, utiliza a mesma empresa para a xestión da Piscina Municipal, a pesar da existencia dun acordo plenario de disolución para Turviveiro.
A piscina conta con máis de mil usuarios, e leva dende a súa reapertura en números vermellos, sen que nada se leve feito por parte do Goberno Municipal, para mudar esta situación. Coa chamada “lei Montoro”, é de obrigado cumprimento a disolución das empresas municipais, que deran perdas nos últimos 2 anos, con data 1 de decembro de 2015, o que provocará a disolución automática de Turviveiro.
As traballadoras e traballadores da Piscina Municipal, como é loxico, reivindican que se tomen medidas de xeito inmediato, para non chegar ao límite de prazo sen solución tanto para o servizo, como para os postos de traballos existentes. As posibilidades achegadas pola Presidenta do Consello de Administración, foron a xestión pública directa, a privatización e o peche.
Dende o BNG, descartamos rotundamente a terceira das opcións plantexadas e trasladamos as reivindicacións de traballadoras, traballadores e usuarios da piscina municipal, cunha aposta clara por unha piscina de boa xestión pública e de calidade.
Nese sentido, o BNG pretende “instar ao Goberno Municipal de Viveiro e ao Consello de Administración de TurViveiro, a iniciar os trámites, de forma inmediata, para garantir o mantemento da xestión pública da Piscina Municipal e aportar no prazo de 2 meses unha solución definitiva”. Pero, tamén ” a creación dun grupo de traballo, formado polo Consello de Administración, un representante dos diferentes grupos políticos con representación na Corporación Municipal e representantes dos traballadores para seguimento dos trámites e garantía da súa realización no prazo indicado”.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



