“Desde o Concello de Xove edítase todos os anos un calendario que se reparte a todos os fogares do municipio”, recordan os nacionalistas. Nos “créditos” do almanaque deste ano consta que a edición da publicación corre a cargo do Concello de Xove (Departamento de Cultura), e aparecen os nomes das persoas promotoras do anuario, diferenciando a responsabilidade política (o alcalde-presidente Demetrio Salgueiro e a concelleira de Cultura Mª Dolores Meitín) da dirección/maquetación da obra (Lucía Sánchez Meitín).
“Debido a que supoñemos que estas identificacións consentidas figuran ao efecto de recibiren tanto os posibles parabéns como as posibles críticas de xeito persoal, ROGAMOS que en vindeiras edicións do calendario oficial do Concello de Xove se establlezan con rigorosidade as datas de marcado carácter festivo ou de celebración, xa que, tal e como se reflicte no almanaque, nin o 4 de marzo (mércores) é Martes de Carnaval nin o 5 de marzo (xoves) é Mércores de Cinza. Así e todo, queremos felicitar ao equipo de goberno porque o día 2 de abril (xoves) en efecto é Xoves Santo e o día 3 de abril (venres) tamén é Venres Santo”.
Asemade, e “ao abeiro da rigorosidade que se lle esixe a unha publicación do noso Concello (aínda que habería que debater polo miúdo se é necesaria ou non), ROGAMOS a estandarización onomástica para futuras edicións dos nomes do santoral que aparecen no almanaque”. No calendario 2015 figura “San Benvenido” en lugar de “San Benvido”, “San Benito” no canto de “San Bieito”, “San Martín” por “San Martiño”, “Catalina de Siena” en troques de “Catarina de Siena”, “San Felipe” en vez de “San Filipe”, “San Benedicto” por “San Benedito”, “e así poderiamos continuar coa deturpación de multitude de nomes”. Tamén se pode comprobar no anuario que non priman a elección dos antropónimos xenuinamente galegos, chegando a mesturalos e deformalos, como ocorre nos casos de Cidre, Xoán, Madalena, Agostiño, Tomé, Guillerme, Paio, Vicenzo, Paulo, Sabela, Firmino, Hadrián, Cristovo, Henrique, Aleixo, Fiz, Domingos, Lourenzo, Xaquín, Helena, Bernal, Bartolomeu, Artur, Tegra, Tareixa, Duarte, Erea, Calisto, Margarida, Vitorio, Alberte, Icía, Clemenzo, André, Sadurniño, Vítor, Nicolao, Macías, e outros moitos.
Por estas razóns, O BNG de Xove reitera “o noso ROGO para que polo Goberno municipal se corrixan as eivas detectadas desde hai anos en relación á onomástica do calendario, facendo prevalecer os antropónimos marcadamente galegos. Así como que desde as concellarías municipais se promovan de xeito oficial os nomes orixinais en galego, para o que achegamos unha ESCOLMA BREVE cunha selección de 130 antropónimos con algunas das súas equivalencias ou variantes noutras linguas, todo isto co obxecto de amosar a total colaboración do Grupo Municipal Nacionalista”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



