Barreiros, 7 de febreiro de 2015. O Concello, na última xunta de goberno, acordou adxudicar o arranxo de varios camiños en San Xusto, Vilamartín pequeno, Carbacos, Benquerencia, San Cosme, Morteiro e Ibia. O importe dos traballos ascende a 100.000 euros, segundo deu a coñecer nesta xornada o alcalde, Alfonso Fuente.
O rexedor dixo que “en próximos días prevemos adxudicar outra partida de 100.000 euros para amañar vieiros municipais”. Os traballos darán comezo cando remitan os temporais de chuvia deste días. Fuente Parga subliñou que “serán 200.000 euros os que invistamos en total na rede municipal. Tamén imos arranxar a ponte do Puxigo, en San Xusto, que sufriu as consecuencias dos últimos temporais”.
O alcalde barreirense demandou “o arranxo por parte da Deputación de Lugo das vías provinciais. Están nun pésimo estado, e iso que temos un deputado e vicepresidente da institución provincial, que é de Barreiros, e que ademais é concelleiro no noso Concello”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



