Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2015.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de anunciar no web www.lingua.gal que o IES Perdouro resultou gañador da fase autonómica do certame radiofónico de dinamización lingüística O galego na onda, convocado pola Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia no marco da programación anual de actividades para o ano 2014.
O xurado do certame, ao que concorreron tamén nesta segunda fase os concellos de Burela, Santa Comba, Ordes, Melide, O Carballiño e Cambados, resolveu outorgarlle o premio ao programa radiofónico feito por sete alumnos e alumnas do IES Perdouro e gravado nos estudios de Radio Burela.
‘O galego na onda’
O proxecto O galego na onda, desenvolvido en dúas fases desde o pasado mes de maio, centrouse na comunicación radiofónica para dinamizar o uso da lingua galega na rapazada. Os rapaces destas seis entidades da RDL elaboraron na primavera cuñas publicitarias a prol do galego para participaren na primeira fase do concurso e, no outono, os gañadores recibiron cadanseu premio en forma de obradoiros de radio impartidos polo profesional da comunicación Rubén Riós.
Ademais, entraron nunha segunda fase do concurso na que se puxo en xogo compartir micrófonos co coñecido xornalista Kiko Novoa. Os pequenos xornalistas burelaos visitarán a sede central da Radio Galega para participaren no programa Galicia por diante o vindeiro martes 3 de marzo, onde os recibirán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora deste medio, Rosa Martínez.
O ditame do xurado e mais todas as pezas que concorreron ao certame e que emitiron xa as radios municipais colaboradoras no proxecto O galego na onda, están dispoñibles en http://www.xunta.es/linguagalega/o_galego_na_onda_0.
Dinamizar o galego na xente nova
O galego na onda púxose en marcha desde a programación propia de actividades da RDL a proposta da súa área técnica, cos obxectivos de ampliar as posibilidades de ocio en lingua galega dos adolescentes de entidades pertencentes á RDL, de favorecer a aprendizaxe e o uso oral do galego nun contexto lúdico e de promover a reflexión sobre os usos lingüísticos da mocidade.
Participaron neste programa preto dun cento de rapaces e rapazas de concellos da RDL de entre 12 e 16 anos de idade, concorrendo a un concurso en dúas fases (unha local de cuñas publicitarias, convocada desde cada un dos concellos, e outra autonómica de programas radiofónicos, á que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou os seis concellos gañadores da anterior), segundo o establecido nas bases.
*Foto: Lucía Rivas.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



