Mondoñedo, 4 de febreiro de 2015.- O Partido Popular de Mondoñedo interesase pola opinión de todos os negocios da localidade sobre a instalación dun albergue de peregrinos no Mirador. Os populares repartirán unha enquisa entre os comercios “para coñecer a opinión de todos”.
O PP explica que foron moitos os responsables de establecementos locais que desaconsellaron esta ubicación para a dotación dun novo albergue xa que afasta aos peregrinos de Mondoñedo. Co obxecto de corroborar que esta opinión é extensible á gran maioría dos negocios municipios, os populares quérenlle dar a oportunidade de opinar a todos sen que haxa exclusións.
Dende o Partido Popular explican que a finalidade desta enquisa é a de actuar defendendo a opinión maioritaria dos veciños de Mondoñedo, xa que a prioridade do PP e a de darlle un pulo económico e social ao municipio a través do consenso e do traballo conxunto.
Os populares lembran que a idea de adecuar o Mirador como albergue de peregrinos nace do PSOE, pese a que o rexedor local ten manifestado que esta non era a mellor ubicación posible. Así, tendo en conta que moitos comerciantes trasladaron o seu descontento sobre esta situación, os populares queren contar coa opinión de todos os afectados.
A liña de traballo dos populares é moi diferente á dos socialistas. Ao Partido Popular interésalle Mondoñedo e, polo tanto, defende aquelas iniciativas que poñen en valor os recursos locais ao mesmo tempo que xeran riqueza na localidade.
Por último, os populares lembran o deterioro que sufriu o Mirador en mans dos socialistas da Deputación de Lugo.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



