Foz, 13 de febreiro de 2015. Foz inicia este venres os actos principais do seu XXXIV Entroido coa celebración dunha macrobatukada a partir das 19.00 horas polas rúas da vila. Nela participarán os alumnos da Escola de Batukada municipal e os da Batukada de Cariño. O acto servirá para animar aos veciños a acudir á lectura do Pregón que terá lugar as 20.00 horas na Sala Bahía e correrá a cargo do grupo local Pernas do Centiño. Posteriormente, ás 20.30 e neste mesmo local, celebrarase un concurso de coplas con entrega de premios en diferentes categorías. Os actos complétanse coa celebración, este sábado, do gran desfile de Entroido que partirá ás 17.00 horas da explanada portuaria e será emitido a través da TVG. Xa o domingo terá lugar o Día Infantil coa celebración dun baile para os máis pequenos, a partir das 17.00 horas, na Sala Bahía.
O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo, explicou que “no Concello de Foz xa estamos metidos nos principais días do noso Entroido e hoxe venres, a partir das 18.00 horas, no Campo da Cabana, haberá un ensaio da Escola de Batukada do Concello. Toda aquela persoa que estea interesada en participar terá que levar só un instrumento de percusión e formará parte dunha macrobatukada que se vai a facer polas rúas de Foz a partir das 19.00 horas coa Escola de Música de Batukada de Foz e a Batukada de Cariño. Despois, ás 18.00 horas na Sala Bahía, dará comezo o pregón, que este ano, na XXXIV edición do Entroido, terá coma protagonistas a Pernas do Centiño, un grupo local que leva 32 anos xa gozando do noso Entroido e que xa merecía facer un pregón un ano. A continuación, sobre as 20.30 horas, será o turno das coplas onde se repartirán diferentes premios entre as distintas categorías”.
Ánxel Paleo engadiu que mañá, sábado, “é o día grande do Entroido de Foz, co desfile que dará comezo ás 5 da tarde coa saída da explanada do porto. Ata esa hora estará montado na praza Conde de Fontao un escenario da TVG no que farán entrevistas aos diferentes grupos participantes no desfile e no que dará un pequeno concerto Lucía Pérez”.
Paleo recordou que “toda aquela xente que queira participar no desfile terá a posibilidade de anotarse de 12 da mañá a 4 da tarde na explanada portuaria, antes da saída do mesmo. Unha vez rematado o desfile haberá unha chocolatada no Campo da Cabana para tódolos participantes. E para rematar o día na Sala Bahía teremos o baile de Entroido coas orquestras Marbella e Jerusalén. A partir da 1 da noite farase a entrega dos premios do desfile. Con respecto ao Bahía, este ano hai unhas novidades: fixéronse unhas obras de mellora e montouse unha carpa que ten uns 400 metros cadrados para aumentar o aforo. Ademais, por motivos de seguridade queremos dicirlle a toda aquela xente que vaia a asistir ao baile que o faga por unha entrada habilitada na zona do aparcamento, que está na parte de abaixo da sala, para deixar libres as entradas que hai dentro da Sala Bahía para saídas de emerxencia, xa que estes anos anteriores coincidía a entrada e a saída e amontoábase moita xente. Agora por motivos de seguridade decidiuse cambiar a entrada á sala. Tamén teremos montados uns baños a maiores dos que xa había, debido ao gran número de xente que acude a este baile. Esta é novidade máis importante deste ano, que se fixo para a maior comodidade de todos”.
O concelleiro de Cultura focense rematou explicando que “xa o domingo a partir das 5 da tarde teremos na Sala Bahía o tradicional baile infantil, no que se fará entrega dos premios aos máis pequenos e no que estará DJ Tapi Decibelios. Ademais na carpa haberá un inchable para os nenos gratis.
Posteriormente, ás 21.00 horas na Casa da Cultura, gozaremos do Touporroutou que organiza a asociación Pomba do Arco. O luns será o gran baile do Farolillo na Sala Bahía, a partir das 23.00 horas, coa disco móbil Fénix e DJ Eventec. E o martes haberá outra vez baile infantil a partir das 5 da tarde na Sala Bahía, esta vez organizado pola Asociación de Amas de Casa Virxe do Carme de Foz e amenizado polo dúo Diamantes. E para rematar o Entroido de Foz 2015, o venres 20 teremos a Queima do Entroido con saída dende o Campo da Cabana cara ao porto, onde se queimará o Entroido e farase unha pequena queimada. Só dicirlle á xente que se achegue a Foz e que goce deste Entroido, no que cada ano tanto os grupos como as comparsas e as carrozas participantes están a mellorar para lograr que a xente que nos vén a ver disfrute”.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



