A asociación de veciños do burgo de Trasbar organiza un obradoiro de masaxe relaxante para as costas que se desenvolverá o luns 23 de febreiro de 18.00 a 20.00 horas no local social da asociación. A quiromasaxista, terapeuta holística con experiencia en diferentes centros de terapias complementarias e spas enfocados á relaxación e ó benestar, Isabel Giráldez, será a encargada de impartir o curso. O prezo é de 10 euros e o material precisao pasa por roupa cómoda, colchoneta de ximnasia e 2 toallas. As prazas limítanse a 10, pero débense reunir un mínimo de 6 para formar un grupo. Os interesados poden inscribirse a través do enderezo electrónico burgodetrasbar@yahoo.es.
Obradoiro de masaxe relaxante en Trasbar
Obradoiro de masaxe relaxante en Trasbar
Relacionado
-
A décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove terá lugar o sábado, 19 de xullo, na praza do Concello
-
A Xunta vén de entregar un local propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ao Concello de Viveiro
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello