Tirada moi igualada na categoría sénior. O 9º posto acadado por Rafael González, que sumou só dous puntos, costoulle o liderato e a importante vantaxe de 9 puntos que disfrutaba sobre Arturo Vigo esfumouselle. Agora é segundo a un punto de Arturo. A falla de dúas tiradas para rematar, Morás e Sumoas, a emoción é máxima.
En principio a tirada de Morás favorece a Arturo e a de Sumoas a Rafael. Polo tanto, o pronóstico é totalmente incerto. Teremos que esperar ata a última tirada para coñecer o gañador desta XXVI tirada.
Tanto Arturo como Rafa son agora matematicamente inalcanzabeis, polo que os perseguidores terán que pelexar pola terceira praza final. Nesta tesitura temos a Álex Meitín con 86 puntos, Francisco Pérez con 76, José Vigo con 73, e Moisés Rodríguez, Sócrates Campo e Luis Rancaño con 69, 67 e 66 puntos respectivamente. En principio o vixente campión Álex Meitín ten moitas posibilidades, pero calquera dos perseguidores pode dar a sorpresa.
Liga Sénior Feminina
Se a igualdade na anterior categoría é máxima, o mesmo pasa nesta. A líder, Belén Meitín, non foi capaz de puntuar. Deste xeito, aproveitaron Salomé Cardoso e Carmen Roca para recortar distancias ata os 2 e os 3 puntos, respectivamente, da líder. A falla de só dúas tiradas, o máis posible é que se xoguen o todo polo todo na última tirada. Belén aínda ten un certo marxe de fallo dado grazas á pequena vantaxe que posúe, pero Salomé e Carmen non poden permitirse fallar.
Liga Sub 16
Se as dúas primeiras posicións xa están claras, nas dúas últimas tiradas finais queda por ver quen se alza co último escalón do podio. Esta terceira praza a están a disputar Julia López (30 puntos) e Hugo Pérez (27 puntos), dous rapaces moi competitivos e cun gran futuro neste deporte.
Queda aínda unha pequena pelexa na categoría que están a dirimir os dous mellores xogadores da Liga, Daniel e Miguel, que están loitando por ver quen se alza co trofeo á mellor bolada do campionato. Por agora vai por diante Miguel, xa que ten unha mellor bolada de 74 tantos acadada o pasado 25 de xaneiro na boleira do Cruceiro. Aínda que Daniel tamén pelexará por este trofeo.
A vindeira tirada, e penúltima desta tempada, vaise celebrar no CENTRO SOCIAL DE MORÁS, o vindeiro sábado 28 de febreiro.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (21 FEBREIRO 2015) 38 INSCRITOS: 23 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACIóN | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 347 | 12 |
SEGUNDO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 319 | 10 |
TERCEIRO | JOSE VIGO LAGE | 319 | 8 |
CUARTO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 316 | 7 |
QUINTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 313 | 6 |
SEXTO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 309 | 5 |
SÉTIMO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 306 | 4 |
OITAVO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 304 | 3 |
NOVENO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 300 | 2 |
DÉCIMO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 288 | 1 |
MELLOR BOLADA | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 105 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRIMEIRO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 221 | 6 |
SEGUNDO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 213 | 4 |
TERCEIRO | LAURA IGLESIAS MARIÑO | 136 | 3 |
CUARTO | HUGO PÉREZ MEITÍN | 124 | 2 |
QUINTO | JAVIER ALONSO LÓPEZ | 112 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 72 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRIMEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 247 | 6 |
SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 220 | 4 |
TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 200 | 3 |
CUARTO | CARMEN ROCA CORRAL | 186 | 2 |
QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 170 | 1 |
MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 73 | 1 |