Santiago, 24 de marzo de 2015.- A Federación Rural Galega – FRUGA rexistrou este martes unha carta dirixida a Conselleira do Medio Rural e do Mar para que se posicione a favor da ampliación do prazo de presentación das solicitudes de axuda da PAC deste ano.
A raíz da demora na apertura de prazo para poder comezar a tramitar as solicitudes da PAC 2015 e tendo coñecemento da proposta por parte do Comisario de Agricultura, Phil Hogan, de autorizar aos Estados Membros a prorrogar ata o 15 de xuño de 2015 o prazo de presentación das solicitudes unificadas da PAC de pagos, tanto do primeiro coma do segundo piar, dende a FRUGA esixímoslle a Conselleira de Medio Rural e Mar, que reclame e apoie a aprobación de dita prórroga a nivel comunitario. Dando traslado desta petición ao Ministerio de Agricultura e a Comisión Europea de Agricultura.
Atendendo ó indicado anteriormente, solicitámoslle que coa maior dilixencia dispoñan a modificación normativa estatal e galega co obxecto de facer uso de dita facultade no Estado Español e que as solicitudes unificadas de axuda poidan ser presentadas ata o 15 de xuño, nesta campaña.
Dende a Federación Rural Galega (FRUGA) consideramos absolutamente imprescindible adoptar esta medida, dado o retraso na posta en marcha da aplicación informática nesta campaña e na publicación de normativas rexionais e das circulares de coordinación do FEGA, relativas a cuestións importantes, precisas, para poder facer un correcto asesoramento e tramitación das solicitudes.
Denunciamos asemade, as deficiencias que estamos detectando na posta en marcha e na articulación da tramitación desta campaña da PAC 2015 por parte da consellería.
Quede por diante o noso total desacordo coa deixadez de funcións que se está a facer por parte da consellería no que se refire á tramitación e supervisión pública dos correspondentes procedementos por parte dos funcionarios desa consellería. Afondando na privatización das funcións que lle competen e no desmantelamento dos servizos públicos de apoio o sector primario agrogandeiro.
Non pode ser que a estas alturas, co prazo de solicitude aberto dende 1 de marzo, as entidades tramitadoras das axudas non teñan acceso ao programa informático definitivo (confirmase que a renuncia por parte desta Consellería a crear un programa informático propio vainos saír a tod@s moito máis caro que, por exemplo, si se inverteran os 302.000 euros do video clip de Enrique Iglesias con esta finalidade).
Non se entenden que moit@s labreg@s aínda non recibisen a comunicación da Consellería cos datos precisos para realizar a súa solicitude.
Moi grave é o resultado de sacar unha convocatoria sen facer os deberes administrativos previos e improvisar sobre a marcha cando está camiñando o prazo de convocatoria. A burocratización na toma de decisión políticas forma parte dunha intencionada estratexia no continuo abandono do sector agrogandeiro e do espolio da capacidade de producir de Galiza.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



