Cervo, 24 de marzo de 2015.- O Concello de Cervo presentou hoxe unha das actividades incluídas dentro do XII Encontro de Palilleiras, como é a exposición “Coas nosas mans” que se vén ofrecendo todos os anos. Unha mostra que se vai inaugurar este venres ás 17 h. na Casa da Cultura e que nesta edición conta con novidades. Unha das principais é a colaboración do artista local Tino Soto, que elaborou varios debuxos que se van integrar na exposición. Trátase de bustos femininos nos que se colocarán anacos de encaixe elaborados por diferentes agrupacións.
Hai que dicir que o ano pasado o Concello iniciara unha nova iniciativa pedindo colaboración ás asociacións e agrupacións que acoden ao Encontro para que participasen na exposición cedendo pequenas pezas de encaixe. Uns anacos que agora serán exhibidos formando parte dos debuxos de Tino Soto.
Pero ademais, coma todos os anos, “Coas nosas mans” amosará decenas de pezas elaboradas con encaixe, dende roupa do fogar, de vestir, complementos ou xoiería confeccionadas utilizando diferentes técnicas. Destacan o encaixe galego, pero tamén hai estremeño, francés, danés, ruso e incluso moderno, ou bordado de tul. En canto aos materiais, utilízanse algúns innovadores como o aceiro, o fío de ouro e o de prata.
Desta maneira, “poderanse comprobar as infinitas aplicacións do encaixe na vida cotiá e porase en valor este traballo artesanal tan arraigado no noso municipio” asegura a edil de Igualdade, Pilar Armada.
Ao mesmo tempo, tamén cabe resaltar que as pezas expostas son, por unha banda traballos feitos a man polas alumnas das clases que imparten Mariluz e Modesta; e pola outra pezas prestadas por particulares. Polo tanto, Armada quixo facer un agradecemento expreso a todas as persoas que fan posible esta mostra, “dende Mariluz e Modesta, que fan un grande traballo, non só na exposición senón tamén na preparación e organización do Encontro; Tino Soto polos seus debuxos, e a esas persoas anónimas que ceden prendas para ser expostas”.
Na presentación participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada, as profesoras de encaixe Mariluz Méndez e Modesta Lombardero, o artista local Tino Soto e a deseñadora Lucía Paredes, que participará cos seus deseños no desfile de moda.
En canto á participación, pechado o prazo de inscrición son máis de 600 as palilleiras que acudirán. Cabe destacar que nesta ocasión o Concello tivo que reducir as prazas xa que a celebración do desfile reduce o espazo dispoñible no pavillón da Veiga.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



