Bruxelas, 6 de marzo 2015. Ás portas dun novo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) queremos aproveitar a conmemoración desta data para subliñar “a importancia determinante do feminismo e da articulación das mulleres en redes de apoio social, como un dos nosos logros máis grandes e como ferramentas fundamentais cas que camiñar cara a destrución do patriarcado capitalista e, en xeral, da lacra social que supón o machismo”, en palabras da eurodeputada de AGEe, Lídia Senra.
A crise social que estamos a padecer os pobos de Europa por mor da estafa argüída entre poderes políticos e financieiros, impoñendo a restrición de dereitos e liberdades e o recruecemento da explotación de man de obra e recursos naturais para o Capital, revelou que “a austeridade económica foi empregada como escusa para eliminar os organismos públicos especializados en políticas de igualdade”, analizou a deputada de AGE en Europa.
De feito, a nivel europeo, en países como Grecia, Portugal e o Estado español os recortes no público afectaron sobre todo a sectores feminizados, tales como a educación, a sanidade e os servizos sociais, agudizando a penalización sobre las condicións de vida das mulleres.
Ademais, como sinalou o Parlamento Europeo nunha resolución aprobada en marzo do ano 2013, situacións de crise social como a que estamos vivindo dende o ano 2008 no sur de Europa favorecen o acoso, abuso e violencia machista en tódalas súas formas, sendo ademais as mulleres e as nenas/os as que sofren as consecuencias máis duras dos recortes en políticas públicas e sociais.
Así, e malia a que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), a día de hoxe o 38% dos asasinatos de mulleres que se producen no mundo son cometidos por homes cos que formaban parella, no Estado español, segundo os últimos datos do Ministerio de Igualdade, son neste momento 5.553 homes os condenados por violencia machista, unha cifra sorprendentemente baixa se temos en conta que so entre xaneiro e setembro de 2014 houbo 95.311 denuncias, dato que ascende á alarmante cifra de 1.020.746 de denuncias se observamos o período 2007-2014.
Para Senra, a supresión de institucións orientadas á aplicación de políticas de igualdade “evidenciou que o Estado español en absoluto ten asumido a súa responsabilidade de goberno con respecto ao avance en materia de igualdade e xustiza social”, senón máis ben todo o contrario, “as mulleres somos as máis afectadas polo dramático deterioro de servizos públicos como a sanidade e a educación, xa que somos maiormente nós as que seguimos a ocuparnos da base fundamental de calquera sociedade: os coidados.”
Sen embargo, “malia a todos estes ataques e obstáculos”, salientou a eurodeputada galega, cómpre que poñamos en valor as nosas loitas e que celebremos tamén as nosas vitorias, xa que “a loita feminista, historicamente, ten máis que demostrado que é unha ferramenta principal ca que ir conquerindo éxitos que transformen as sociedades dende o máis fondo”.
Así, “se observamos algúns dos logros máis recentes da loita internacional das mulleres, temos que sentirnos tremendamente orgullosas e orgullosos das mulleres marroquís que conseguiron no pasado ano 2014 que por fin fora derrogada a vergoñenta ‘lei de violación dentro do matrimonio'”. Unha decisión que o Goberno viuse obrigado a adoptar tras anos de loita das mulleres marroquís e do movemento feminista internacional mais, sobre todo, logo do escándalo do suicidio de Amina al-Filali, de 16 anos de idade, por ter sido forzada a casar co home que a violara. “Ou tamén a importancia da participación das mulleres tunecinas no proceso constituínte do seu país, onde acadaron un texto constitucional considerado como dos máis progresistas de todos os Estados Árabes[3]”, proseguiu.
E, por suposto, temos que estar moi especialmente orgullosas as mulleres da Galiza e do Estado que, “aliás de integrarmos unha parte fundamental das persoas que militan en movementos sociais como, por exemplo, a loita contra os desafiuzamentos e pola sanidade e educación públicas”, reivindicou Senra, “ca nosa unidade e co apoio da inmensa maioría da cidadanía conseguimos tamén bloquear a volta á prohibición do aborto á que pretendía obrigarnos o ministro Gallardón”, lembrou, “e estamos dando tamén a batalla para que as mulleres menores de idade non vexan eliminado o dereito básico de calquera ser humano a seren donas dos seus corpos”.
A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, estará presente o vindeiro domingo 8 de marzo na manifestación unitaria convocada en Compostela pola Marcha Mundial das Mulleres (MMM) baixo o lema “Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita”.















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



