Cervo, 3 de marzo de 2015- O Concello de Cervo terá a partir de mañá un expositor promocional no 16º Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebra en Ourense do 4 ao 8 de marzo e que hoxe foi acondicionado e preparado. A edil de Turismo, Begoña Alonso, desprazouse ata a capital ourensá, onde se reuniu con membros da organización. Este é o segundo ano consecutivo no que o municipio participa nesta feira, á que na edición anterior acudiu presentando a Festa do Ourizo.
Este ano, o Concello decidiu ampliar as posibilidades de promoción, centrando os seus esforzos nas tres festas de Interese Turístico Galego (Maruxaina, Queimada e Ourizo, aproveitando a proximidade desta última) así como na Festa do Mexillón. De feito, nesta edición vaise volver a concorrer ao concurso de Carteis de Festas Gastronómicas de Galicia, neste caso co da Festa do Mexillón.
Hai que lembrar que o ano pasado o Concello gañara o segundo premio neste certame co cartel da Festa do Ourizo. Un recoñecemento que para a edil de Turismo “tiene el valor de ser un punto más en la promoción de nuestra gastronomía y nuestros recursos”.
En canto á presenza de Cervo en Xantar, Alonso asegura que “este es un evento internacional, que puede contribuir a dar a conocer nuestro municipio a través de nuestros productos y de nuestras fiestas gastronómicas”. Sen esquecernos de que “esa gastronomía va unida a un concello con fiestas populares, y con numerosos atractivos naturales, patrimoniales o artísticos”.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



