A Plataforma da Sanidade Pública da Mariña estiman que 2.000 persoas participaron na mobilización deste xoves 19 de marzo no Hospital da Costa onde se entonaron cantigas como “Feijóo atende, a sanidade non se vende”, “a privatización é corrupción” ou “onde están que non se ven os alcaldes do PP”
A cántica máis coreada polas manifestantes foi “entrou como un raposo, por atrás e sigiloso”.
A MANIFESTACIÓN REMATOU NA PRAZA DO CONCELLO ONDE SE PROCEDEU Á LECTURA DUN MANIFESTO POR PARTE DE INTEGRANTES DA PLATAFORMA
Manifesto mobilizacións 19 de marzo contra os recortes, desmantelamento e privatización da sanidade pública galega
Coa chegada do Sr. Feijóo á Xunta, o Partido Popular iniciou unha campaña de recortes, desmantelamento e privatizacións da Sanidade Pública, pretendendo que a sanidade sexa un privilexio, accesibel a quen o poida costear a través dos repagos que tratan de impor. Ou acudindo á sanidade privada, adiantando os cartos que despois o SERGAS reintegrará.
A Sanidade é unha necesidade, é un dereito. Ante a enfermidade, precisamos duns servizos sanitarios que nos axuden a mellorar, a sobrelevar a debilidade que nos produce, a sandar. E estes servizos sanitarios deben atendernos a todos e todas por igual, sen discriminacións nin desigualdades. A igualdade só se garante cunha Sanidade Pública.
Durante os últimos anos, o goberno da Xunta impulsou todo tipo de medidas que afondan no desmantelamento da Sanidade Pública:
– Están a provocar a descapitalización da Sanidade Pública: o recorte do orzamento sanitario en Galiza entre 2009 e 2014 foi do 12,3%, o que supuxo unha perda total de 460 millóns de euros; eliminaron 2.094 postos de traballo sanitarios e pecharon 275 camas hospitalarias. Mentres, o 48,8% do orzamento sanitario foi parar ao sector privado, e só o 7,1% foi para investimentos e funcionamento dos centros públicos.
– Os actuais gobernantes facilitan que a sanidade pública financie a investigación da industria tecnolóxica privada e dos laboratorios das multinacionais, e permiten que sexan estas as que decidan os aparellos a adquirir polo sistema público. A través dos Institutos Biomédicos de Investigación do SERGAS (Instituto Biomédico de Vigo e Instituto Biomédico de Santiago) a Banca e a Industria Sanitaria privada controlarán a investigación e a docencia e dificultarán calquera investigación que non estea de acordo cos seus intereses empresariais. Seguirán encarecendo o prezo dos medicamentos, dificultando ao acceso universal aos mesmos.
– A Atención Primaria sufriu un recorte de 190,9 millóns de euros (se incluímos o gasto farmacéutico extrahospitalario), e de 33 millóns (sen a farmacia). Están a desmantelar as Áreas Sanitarias para crear unha Área Única que abranga todo o territorio galego coa finalidade de crear un mercado sanitario no que poderá participar o sector privado. O desmantelamento das Áreas está sendo utilizado ademais para recortar os hospitais comarcais no Barbanza, Monforte, Barco de Valdeorras, A Costa e Salnés. O mesmo ocorre cos centros de Saúde Mental, Planificación Familiar, Prevención e Atención á Drogodependencia, Asociacións de Pacientes e ONGs.
– Implantación de copagamento nas prestacións sanitarias. Incrementando o sufrimento das persoas que non teñen recursos económicos para facerlles fronte, creando un imposto sobre a enfermidade. Fronte a esta situación a comisión de sabios do PP recomenda nun recente informe incrementar os repagos co argumento de que “a prestación gratuíta e xeneralizada dos servizos sanitarios non é o modo máis eficiente e xusto de actuar”. De que xustiza nos están a falar?
– Peche de camas, recortes orzamentarios, taxas de reposición. Isto é o que impera na Sanidade Pública. Menos camas para ingresar os/as doentes, colapso dos servizos de urxencias. Condénase a/o doente a entrar nunha porta xiratoria entre o seu domicilio e o servizo de urxencias. Recórtase o diñeiro destinado á Sanidade Pública, destrúense postos de traballo, reducindo a presenza dos/as profesionais que fai inviable unha prestación de calidade.
E logo inda nos veñen con contos propagandísticos cando falan das listas de espera. As listas de espera son grandes e medran día a día, por causa dese peche de camas, pola mala xestión que se está a facer e tamén porque pensan que nos enganan mantendo persoas en listas de espera ocultas. As listas de espera experimentaron un incremento substancial de forma que en catro anos a espera cirúrxica media pasou de 71 a 83 días.
A Lei de Garantías é a expresión do fracaso das políticas sanitarias do PP. Intégrase nun mesmo nivel e nun mesmo sistema a Sanidade Pública e privada. Di o Sr. Feijóo que a prestación sanitaria recibida nun centro privado tamén é pública, xa que as/os doentes non pagan a maiores por esta asistencia. De futuro isto vai dificultar o desenvolvemento dos principios que deben presidir o sistema sanitario público.
REIVINDACIÓNS COMARCAIS
Para esta Plataforma as sucesivas dimisión de directivos do hospital da costa, certifican que o Decreto de Xestión Provincial é un modelo fracasado. As decisións da EOXI (Estrutura Orgánica de Xestión Integrada), dirixida por Quintáns dende Lugo, demostran unha vez máis que este modelo de xestión afecta gravemente ás prestacións sanitarias na comarca que, lonxe de mellorar, empeoran e redúcense en beneficio da sanidade privada de Lugo. Unhas eivas que levan consigo “un caos organizativo no día a día do centro mariñao, repercutindo finalmente na calidade dos coidados e servizos sanitarios ofertados á poboación da Mariña”.
– Dicimos non ao Desmantelamento e abandono da Atención primaria: amortización de prazas médicas e outras categorías profesionais, falta de cobertura das ausencias, falla de pediatras e recortes en materiais.
– Dicimos non ás Listas de agarda tanto na Atención Especializada como na Atención Primaria.
– Dicimos non á Derivación de pacientes a Lugo para probas diagnósticas e cirurxias cara a medicina privada, especialmente nas especialidades de Traumatoloxía e Oftamoloxía.
– Dicimos NON á carencia de certos equipos radiolóxicos como o das Densitometrías, Resonancia ou Ortopantógrafo.
– Dicimos NON á ausencia de cardiólogos, a falta de especialistas en uroloxía, a alarmante diminución da actividade cirúrxica, a non cobertura da médica de saúde laboral.
– Dicimos NON á derivación de mostras de anatomía patolóxica a Monforte.
– Dicimos non á Creación de servizos “pantalla” en precario, como a unidade de Hospitalización a Domicilio e o Hospital de Día de Oncoloxía que non van acompañados de melloras en servizos implicados na súa posta en marcha como Laboratorio, Anatomía Patolóxica e Farmacia.
– Dicimos NON á imposibilidade de creación de novas prazas de persoal sanitario e non sanitario.
– Dicimos non ao descabezamento da Xerencia Executiva do Hospital da Costa, en maio de 2013 a Dirección Médica e en febreiro de 2015 o Xerente, por serias discrepancias coa EOXI de Lugo-Cervo-Monforte e a imposibilidade de tomar decisións en recursos humanos, materiais, obras e infraestruturas
– Dicimos NON ao Decreto de Xestión Integrada con centro de decisión en Lugo.
-E dicimos SI á Creación dunha Área de Xestión Integrada propia de A Mariña con orzamentos propios e con plenas competencias en Atención Primaria e Especializada
A Sanidade Pública é patrimonio universal da cidadanía, por isto non imos consentir que a privaticen, converténdoa nun nicho de negocio para empresas amigas, vendéndoa por pezas e ao mellor postor. Esa é a folla de ruta que teñen marcada para os servizos públicos, esa é a súa meta: eliminar a Sanidade Pública para poder facer negocio coa enfermidade das persoas. Pero a sociedade galega seguiremos a mobilizarnos até recuperar unha sanidade pública universal e de calidade.
Non imos consentir que fagan negocio coa nosa saúde. A Sanidade Pública finánciase cos nosos impostos, a obriga dos gobernantes é devolvernos os nosos cartos mediante os servizos públicos. Non teñen ningún dereito a privatizar a sanidade pública, nin a facer negocio coa nosa saúde, o goberno do PP só é un xestor provisional dos servizos públicos.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



