Foz, 19 de marzo de 2015. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e a delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, supervisaron este xoves as obras de mellora do acceso á parroquia de Vilaronte na estrada autonómica LU-152. Estiveron acompañados polo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, e polo presidente da asociación de veciños de Vilaronte, Ramón González.
O rexedor municipal explicou que “está practicamente rematada esta obra importante, do acceso a unha das parroquias máis habitadas do concello de Foz na estrada autonómica LU-152. Este acceso estaba nunhas condicións de seguridade bastante malas, cun trazado sinuoso e moi estreito, e vendo como quedou estamos encantados. Agradecemos, por suposto, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e á delegada da Xunta, Raquel Arias, que tamén nos acompañou, que apostaran por esta obra, que nos pediu a asociación de veciños e o seu representante tamén estivo con nós hoxe. Foi unha aposta importante que ven a sumar un acceso máis ao núcleo de Vilaronte, que agora é seguro nunha estrada importante que vai a Ferreira. É unha vía de comunicación tamén fundamental para a zona interior das parroquias de Foz”.
Javier Castiñeira engadiu que a obra “quedou moito mellor do que podíamos desexar. É unha inversión importante feita nun prazo de tempo moi bo e estamos moi contentos porque cumprimos un compromiso máis cos veciños, que tramitou o Concello, pero a propia asociación de veciños foi a máis interesada e púxose en contacto con nós para que tramitásemos coa Xunta de Galicia esta obra, que a día de hoxe vemos rematada”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



