A Mariña, 19 de marzo de 2015. O BNG da Mariña pedirá novamente no Congreso que se actúe de xeito contundente e con urxencia para solucionar os problemas da A8. “Non é de recibo que aparezan agora con fotos anunciando que se vai poñer en marcha un concurso de ideas que xa se anunciou en outubro do pasado ano. Para vir con esa solución, a alcaldesa de Lourenzá puido aforrar a viaxe”, afirmou Ana Ermida.
Desde o BNG lamentan que “as únicas medidas que se puxeron en marcha foron prohibicións e obrigas para as persoas que conducen pola vía”, tal e como xa contestara o goberno a unha pregunta da deputada do BNG, Rosana Pérez, nunha pregunta realizada en xullo do pasado ano.
“Desde aquela o único que fixeron foi instalar paneis e luces, en moitas ocasións que non funcionan todas, e un radar de tramo que parece ter máis afán recaudatorio que calquera outro”, afirman desde o BNG. “Non pode ser que pretendan que a responsabilidade de que non se produzan accidentes na A8 sexa das condutoras e condutores, porque quen deseñou o trazado e executaron a obra foron os gobernos do PP e PSOE e son eles quen teñen que dar solución e asumir as responsabilidades”, aseguraron desde a formación nacionalista.
“Na última semana xa foron tres os cortes que sufriu o tramo de autovía situado entre Mondoñedo e Abadín e, por moitos carteis e luces que poñan, a néboa non vai desaparecer”, manifestan desde o BNG.
“Nós seguiremos reclamando solucións reais para solucionar os problemas en calquera foro no que nos atopemos: desde o Congreso, desde os Concellos ou en actos públicos como fixo o pasado fin de semana o alcalde de Mondoñedo. Non nos van calar con falsas promesas ou anuncios electoralistas que non aportan ningunha solución”, declarou Ana Ermida. “Nonn pode ser que volvan agora a anunciar que porán en marcha un concurso de ideas que xa anunciaron no mes de outubro do ano pasado e do que nada fixeron. Vemos como, outra vez, a seguridade das estradas da Mariña non son prioridade para o PP que só busca a foto e calar as voces críticas.”
No mesmo sentido, a formación nacionalista insiste na necesidade de que as vías titularidade de fomento, como a N634 ou a N642, se arranxen de xeito integral e non con parches como acaban de facer coa estrada da costa desde Barreiros a Cervo. Nos orzamentos do ano 2015 había unha pequena partida destinada ao arranxo dun tramo da estrada da costa. Agardemos que o arranxo previsto non sexa o que acaban de facer, cun rebacheo con grava que non só non soluciona os problemas senón que crea outros novos. De ser así, sería unha nova burla do goberno de Madrid de cara ás veciñas e veciños da comarca”, conclúen desde o BNG.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



