Lugo, 24 de marzo de 2015.- O Grupo Provincial do Partido Popular revelou esta mañá que informes técnicos alertan de inseguridade para os usuarios nas estradas de titularidade da Deputación que transcorren polo termo municipal de Barreiros.
A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, e o alcalde de Barreiros, José Alfonso Fuente Parga, rexistraron senllos escritos na administración provincial, acompañados de informe técnico municipal no que se advirte do estado das vías da Deputación.
Estado das vías
Os populares explican que nas vías que discorren polo municipio de Barreiros se observan importantes deficiencias no estado de conservación, consistente sobre todo na aparición de baches, en ocasión de gran tamaño, e na desintegración do firme causado polo tráfico e condicións meteorolóxicas.
Nas estradas provinciais do termo municipal de Barreiros tamén se observa, en algúns casos, a falta de limpeza de cunetas e noutros a inexistencia da mesma.
Esta situación, segundo reiteran dende o GPP, afecta á seguridade e comodidade dos usuarios das vías, ata o punto que nunha das estradas, a LU-P-6103 que comunica Trabada por Fórnea a Barreiros, se sufriron ata 10 accidentes no último ano, en torno ao punto quilométrico 6,380 (entre outros sinistros, atópase o de unha señora que circulaba en moto, colleu unha desas fochancas e caeu. Foi trasladada en ambulancia ata o Hospital da Costa e ainda se está a recuperar).
Solicitude
Tanto o Concello como o Grupo Provincial do Partido Popular solicita á Deputación de Lugo a través de senllos escritos que se teña en conta o informe técnico no que se advirte das patoloxías importantes destas estradas e, en consecuencia, reclaman que a Deputación de Lugo acometa con urxencia as actuacións necesarias para restablecer o bo estado das estradas provinciais de Barreiros.
En concreto, trátase das seguintes vías: CP 0601 de San Cosme de Barreiros á Ría de Foz; CP 0602 da CN 634 á praia Principal de Barreiros; CP 0603 de San Miguel de Reinante a Praia da Pasada; CP 0604 de Reinante a su Praia; CP 0605 da CN 634 a casa de Otero; CP 0606 da CN 634 ao lugar de Pedregás; CP 0607 de San Cosme de Barreiros a Praia de Fontela; CP 0608 de San Cosme de Barreiros ao Km. 5,7 da ctra. Villamar-Reme; CP 0609 da Ctra.Villamar a Reme a San Xusto de Cabarcos; CP 0610: enlaces praias Altar-Reinante; CP 0611 da CN 634 a Praia de Coto e CP 6103 de Trabada por Fórnea a Barreiros
A mala xestión pode ter consecuencias graves para os usuarios
Os populares explican que informes técnicos reafirman as reiteradas denuncias públicas do Grupo Provincial do Partido Popular sobre o mal estado das estradas de titularidade da Deputación e que dende o GPP achacan a unha mala xestión.
Os populares explican que a dotación pública dirixida á conservación de estradas non se reflexa no estado que presentan as infraestruturas viarias. “Non se pode permitir que a mala xestión dos fondos públicos poda chegar a ter consecuencias negativas e graves sobre a integridade física dos usuarios”
Os populares aseguran que as estradas provinciais que discorren por Barreiros son unha responsabilidade patrimonial da Deputación que non pode ser evadida e cando menos as institucións públicas deben non causarlles prexuízos innecesarios á cidadanía derivados das súas actuacións.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



