Lugo, 04 de marzo de 2015.- A voceira do Grupo do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, fixo público este mércores en rolda de prensa o rexistro por parte do Grupo Provincial do Partido Popular dunha nova queixa ante o Valedor do Pobo, motivada polos continuos obstáculos interpostos polo goberno bipartito que preside José Ramón Gomez Besteiro na concesión do acceso ás solicitudes de información do GPP.
Os populares solicitan a intervención do Valedor do Pobo recomendando á Deputación de Lugo que facilite aos deputados o rápido acceso á información, que, -lembra- “precisamos para o correcto exercicio da nosa función representativa, da nosa obriga de fiscalizar á acción do goberno, para poder desempeñar o cargo e as funcións que os lucenses nos encomendaron e a fin, polo tanto, de que os nosos dereitos constitucionais deixen de estar pisoteados e sexan respectados”.
Máis da metade dos expedientes solicitados están pendentes de ver
En correspondencia coa súa función de fiscalización e control da acción do goberno, o Grupo Provincial do Partido Popular solicitou entre 2014 e 2015 acceso a 369 expedientes. Do total, aos populares non lle foron notificadas nin data nin hora para a consulta de preto das 200 solicitudes rexistradas. É dicir, “non se nos permitiu ver unha porcentaxe inadmisible de expedientes solicitados”.
Polo tanto e tal e como analizou a popular “o noso grupo ten pendente de ver preto de 200 solicitudes cando quedan 80 días para o remate da lexislatura, o que deixa claro que a Deputación non atenderá ás nosas peticións xa que, no caso de comunicarnos data e hora de consulta, só se nos concede un expediente por día, aínda que se trate dunha soa factura. Evidénciase que os socialistas e nacionalistas están a dificultar, dun xeito deliberado e consciente, o acceso á información, documentación e instrumentos necesarios para os deputados da oposición”
Menten ao asegurar que responden nun prazo de cinco días
“Vímonos na obriga de reiterar moitos dos escritos pendentes, sen ser atendida a nosa petición a data de hoxe e a maiores non nos resolven as nosas solicitudes nun prazo de cinco días (segundo impera o Regulamento Orgánico de Funcionamento da Deputación), tal e como menten reiteradamente dende o goberno provincial”.
A popular aclara que “en cinco días remítennos un escrito dende a Sección de Actas no que simplemente nos comunican se a solicitude é admitida ou denegada e que nos empezaron a enviar despois de que nos cansaramos de rexistrar reiteradamente escritos nos que explicabamos que, tal e como establece o ROF, entendiamos concedida a petición por silencio administrativo”.
“A realidade é que o equipo de goberno bipartito, -asegura Candia- retrasa ata meses no tempo a comunicación do día e da hora de consulta do expediente (no caso de trasladárnolo) dende que enviara o primeiro escrito no que admite ou denega a petición”. A Deputación ademais de limitar en gran medida a función de fiscalización propiamente dita “tamén impide a posibilidade de documentarse en tempo e forma con vistas a decisións a adoptar no futuro”. Así a voceira popular puxo como exemplo que lle comunicaron como data para ver as bases do Servizo de Axuda no Fogar o 6 de maio do 2014, cando se publicaran con moita anterioridade no BOP de 13 de marzo do 2014 e a petición dos populares rexistrárase o 7 de marzo de 2014.
O Valedor suxeriu á Deputación unha maior transparencia
A voceira do GPP lembra que o Valedor do Pobo xa lle suxeriu á Deputación de Lugo que mellorara a súa práctica no terreo da transparencia tras outra queixa presentada polos populares a raíz de que o goberno provincial encriptara as facturas nos Decretos de Presidencia, eliminando o concepto en virtude do cal se realizan as liquidacións.
“A día de hoxe a Deputación segue a desoír ao Valedor do Pobo e continua a limitar o acceso á información como castigo”, explicou Candia, quen enumerou que “tras denunciar o pago de comidas a sindicalistas, o bipartito oculta o concepto das facturas e tras facer público o procedemento de alleamento das accións do Breogán, o goberno provincial limitounos o acceso aos expedientes dos asuntos das Xuntas de Goberno”.
Polo tanto, os populares reclaman unha mellor práctica no terreo da transparencia por parte do goberno provincial que “de xeito continuado nos pon cortapisas inxustificadas e que foron a máis no último ano tras facer públicas informacións sobre a mala xestión do bipartito e que puidemos constatar a través da consulta de documentación á que temos dereito e que agora nos recortan”.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



