Lugo, 4 de marzo de 2015.- Con motivo do Día Internacional da Muller, a Comisión provincial do PP de Lugo organizou este mércores un encontro con mulleres da provincia que teñen ou tiveron un cargo de responsabilidade política.
O obxectivo desta xuntanza, que estivo presidida pola lucense e presidenta da Comisión de Igualdade do PPdeG e Secretaria Xeral de igualdade, Susana López Abella, así como pola propia coordinadora da comisión provincial da muller, Mari Teijeiro, foi conmemorar esta data e por en valor o traballo que leva facendo a formación política a prol da igualdade de oportunidades.
López Abella manifestou que a labor desenvolvida polos populares nestes últimos anos amosa o traballo por unha igualdade real coas políticas e resaltou o compromiso de moitas mulleres con propostas sociais, económicas e políticas certeiras ao fronte de Institucións e Órganos de Goberno.
Neste senso, a popular explicou que a formación política á que pertence atribúe funcións de responsabilidade a mulleres que teñen una visión moi clara sobre as necesidades, os intereses e o benestar da cidadanía.
“O PP conta con mulleres para o desenvolvemento dunha sociedade máis igualitaria e democrática na que primen os valores políticos da xustiza social e a equidade”- manifestou.
Pola súa banda, a coordinadora provincial da Comisión da Muller, Mari Teijeiro asegurou que o Partido Popular confía nas mulleres para o desempeño de postos de responsabilidade en cargos orgánicos e Lugo é unha mostra desta aposta polas mulleres.
“Son moitas as mulleres da provincia que ocupan postos de responsabilidade no goberno do Estado, na Xunta de Galicia e en numerosos concellos”, lembrou Teijeiro, quen destacou o papel de Lourdes Yáñez ao fronte da Secretaría da Xunta Local, nun traballo minucioso ao servizo da cidadanía ao lado de Castiñeira.
A popular explicou que a provincia conta cunha voceira ao fronte da Deputación, Elena Candia, e con alcaldesas en diferentes concellos como Lourenzá, Triacastela, Caurel e salientou que o PP confía en mais mulleres para poder acceder a unha alcaldía como Julia Rodríguez en Monforte, Pilar Varela en Monterroso, María Gómez Pallín en Castroverde, Ángeles Lenza, en Pol ou Remedios González Cabarcos, en Rábade.
“Nesta confianza, a Xunta de Galicia tamén ten un lugar para mulleres da provincia e o líder dos populares galegos e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, nomeou a varias lucenses ao fronte de órganos de xestión e de Goberno como a propia Susana López Abella ao fronte da Secretaría Xeral de Igualdade, Coro Piñeiro na Secretaría Xeral de Política Social, Raquel Arias na Delegación Territorial da Xunta”- concluíu.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



