Un grupo de usuarios do C.R.P.L. de Burela da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña visitaron este xoves 12 de marzo a exposición “Unha Ollada”. Esta exposición atópase na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela. Da man da Directora Técnica Xeral da Asociación, Mª José Nóvoa, puideron observar as obras de Laura P. Rodil, Mar G. Pires e Ángel Picos e así coñecer obras dos artistas do entorno máis próximo. Con este tipo de saídas amplíanse os coñecementos culturais dos nosos usuarios e tamén se participa en iniciativas da comunidade que nos rodea, favorecendo así a integración na mesma.
