Alfoz, 17 de abril de 2015.- A biblioteca pública municipal convoca con motivo da celebración do día das Letras Galegas dous certames destinados aos escolares de Alfoz.
A toda máquina é o título da temática para os dous certames: narración e debuxo, “as narracións terán unha extensión máxima dun folio por unha cara e serán en galego. E os debuxos estarán feitos en cartulina cun tamaño aproximado a Din A 4. Cada neno poderá presentar os traballos que desexe, acompañado cada un deles dos seus datos persoais”.
En total establécense tres categoría: A (ata 8 anos), B ( de 9 a 11 anos) e C (de 12 a 16 anos).
O prazo de presentación dos traballos na Biblioteca Pública rematará o 9 de maio. Os premiados nesta fase participarán nunha segunda a nivel provincial, convocada pola Biblioteca Provincial. O fallo do xurado local farase antes do 17 de maio.
A concelleira de Cultura anima “aos nenos e nenas de Alfoz a participar nestes certames”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



