Vigo, 23 de abril de 2015.- A federación de Banca da CIG e A Mesa pola Normalización Linguística anunciaron este xoves a posta en marcha dunha campaña nacional para reivindicar o dereito a sermos atendidos/as en galego nos centros de chamadas das empresas que operan no noso país. As organizacións sosteñen que esta medida permitiría a creación de máis de 2000 empregos en Galiza e remataría coa discriminación do idioma nesta materia, polo que chaman ao conxunto da cidadanía a sumarse á iniciativa.
O presidente da Mesa pola Normalización Linguística, Marcos Maceira, o secretario nacional da CIG-Banca, Clodomiro Montero, xunto á responsábel dos Centros de Chamadas da central sindical Laura Pérez Figueroa, compareceron esta mañá en rolda de prensa para presentar os principais aspectos dunha campaña coa que se pretende concienciar á sociedade galega da necesidade de esixirmos o dereito a sermos atendidos/as na lingua propia do país, non só para rematar coa discriminación existente nesta materia senón tamén porque permitiría a creación de máis de 2000 empregos.
Dende as dúas organizacións lembraron que até hai moi pouco as grandes empresas que operan en Galiza, e que teñen subcontratados os servizos de atención telefónica aos clientes, mantiñan estes centros de chamadas no país. Mais na última década apostaron polo seu peche e deslocalizaron o servizo para centralizalo en grandes centros de traballo ubicados en terceiros países, nomeadamente América Latina e Marrocos, pasando no conxunto do Estado dos 14719 empregos existentes en 2008 aos 33.085 en 2012.
No caso galego esta deslocalización foi aínda máis grave debido ao uso exclusivo do castelán nas relacións comerciais, o que motivou o peche de numerosos centros de traballo que foron transladados a outras partes do Estado. Así, entre o ano 2010 e 2012 destruíronse arredor de 2040 empregos, mentres 100.000 galegos/as tiveron que emigrar pola falta de oportunidades no país. Salientaron ademais que a creación de emprego sería ademais nun sector amplamente feminizado e onde traballan moitos mozos/as, “colectivos que foron duramente golpeados pola crise económica”.
Diante disto, a CIG-Banca e A Mesa decidiron promover unha campaña baixo o lema ‘Queremos atención en galego. Queremos traballo aquí’ na que, segundo detallaron, a acción individual terá un protagonismo especial, tanto á hora de denunciar os casos de discriminación por parte das empresas no que respecta á comunicación en galego como á de reclamar o noso dereito a sermos atendidos/as no noso idioma.
Para isto distibuirán uns cartóns postais que poderán enviárselle ás compañías instándoas a garantir o uso do galego como lingua preferente en todas as súas comunicacións e nos servizos que teñan un contacto persoal, “agás que os clientes indiquen outra preferencia”. Tamén se lles demanda que nos casos onde se oferten diferentes opcións “o galego sexa sempre unha opción real”.
Ademais, incidirase na necesidade de solicitar que a documentación, facturas e formularios estean en galego. Para isto tamén se recollerán sinaturas a través de internet e con mesas nas rúas e realizaranse reclamacións colectivas fronte ás grandes compañías de luz, auga telefonía, banca, seguros, etc.
Os comparecentes denunciaron tamén que nas ocasións nas que as empresas ofrecen a posibilidade da atención en galego “esta opción non é real porque sempre tes que agardar horas, ás veces incluso días, a seren atendido/a porque non se atopa neses momentos a persoa que sabe falar galego”. Xunto a isto, puxeron de manifesto a existencia de múltiples casos de discriminación e incluso de coaccións, “xa que cada vez resulta máis habitual escoitar cousas como ‘ou me falas español ou non te atendo’ por parte do persoal dos centros de chamada ubicados fóra do país”.
Casos coma estes tamén comezan a ser xa habituais incluso en organismos ou servizos dependentes da Administración pública como resultado das privatizacións. Como exemplo citaron o que está a suceder no Carballiño, onde a empresa contratada polo Concello para levar a cabo a recadación tributaria négase a atender ás persoas que se dirixían en galego porque só conta con persoal de fóra de Galiza. “Coa compaña pretendemos precisamente que cousas coma esta deixen de acontecer, tanto porque temos dereito a sermos atendidos no noso idioma como porque é necesario poñer en valor o galego como xerador de emprego e de riqueza para o país”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



