Burela, 23 de abril, 2026. A Fundación Expomar leva traballando desde outubro de 2025 no proxecto “Sustentabilidade da actividade pesqueira e consumo responsable”, unha iniciativa que culminará o vindeiro xoves 30 de abril coa celebración do “Congreso da infancia e da adolescencia”.
O programa deste congreso foi presentado esta mañá en Burela nun acto no que participaron o xerente da Fundación Expomar, José M. González ‘Brais’; o director territorial de Pesca, Alexandre Piñeiro; o presidente do GALP A Mariña-Ortegal, Javier Martínez Otero; e a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López. O proxecto conta co financiamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e do GALP A Mariña-Ortegal.
José M. González ‘Brais’ destacou que Burela e A Mariña “son o que son grazas á pesca”, pola súa flota, a lonxa e a comercialización, que sitúan ao territorio como unha das potencias do sector. Explicou tamén que o Congreso, con sesións de mañá para centros educativos e de tarde abertas ao público, é un exemplo da filosofía de Expomar: promover o sector pesqueiro implicando administracións, profesionais do mar, centros educativos, centros de maiores e o ámbito gastronómico.
Neste sentido, puxo en valor o traballo da Escola de Hostalería do IES Foz, que elaborou o petisco de peixe que se presentará no Congreso e desenvolveu menús que demostran a viabilidade de incorporar peixe a comedores escolares e sociais a prezos accesibles.
O director territorial de Pesca, Alexandre Piñeiro, agradeceu iniciativas que promoven o consumo de produto do mar, a saúde a través dunha dieta equilibrada e o comercio local. Subliñou ademais o papel das persoas maiores nos encontros interxeracionais do proxecto Xeración Peixe.
Pola súa banda, Javier Martínez Otero, presidente do GALP A Mariña-Ortegal, destacou a Fundación Expomar como exemplo dos obxectivos que se perseguen no sector pesqueiro a través destes fondos europeos.
A presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, salientou o valor do traballo conxunto entre administracións, entidades e centros educativos, e destacou o significado do nome Xeración Peixe, que “simboliza a identidade de Burela, onde practicamente todas as familias teñen unha vinculación directa ou indirecta co mar”.
O proxecto desenvolveu actividades de investigación, cultura, gastronomía, medio ambiente e artesanía, implicando a persoas de distintas xeracións. Todo este traballo culminará no Congreso da infancia e da adolescencia, que se celebrará o 30 de abril na Casa da Cultura de Burela, con relatorios e exposicións dos resultados obtidos.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



