Burela, 23 de abril de 2015.- Este venres comezan a traballar no Concello 10 persoas que eran perceptoras da Risga. Desde o equipo de goberno explican que “estarán contratados durante 7 meses a tempo parcial. A súa xornada laboral será do 75% da habitual”.
O goberno local engade que “se contratan como peóns e xardineiros e desenvolverán funcións propias destas actividades e outras que se lles poidan encomendar. A subvención que concede a Xunta para efectuar estas contratacións cubre ao cen por cen os custes salariais e sociais destes traballadores”.