Medio cento de alumnos e alumnas integrantes da Escola de Maiores do Concello participou este xoves nunha charla do “PLAN MAYOR DE SEGURIDAD” da Garda Civil.
A charla, que foi presentada pola Concelleira Ana Abad, foi impartida por Diego Rouco, membro da Benemérita, estando acompañado polo Sarxento da Garda Civil de Xove Jorge López.
Os temas abordados foron:
– PREVENCIÓN E INFORMACIÓN SOBRE O MALTRATO ÁS PERSOAS MAIORES,
– INFORMACIÓN SOBRE OS DISTINTOS TIPOS DE ESTAFAS, TIMOS, ROUBOS E FURTOS, E COMO PREVILOS
– COÑECEMENTO DO USO FRAUDULENTO DE PROPIEDADES.