A Deputación aprobará este venres na Xunta de Goberno obras en estradas provinciais de 16 Concellos lugueses por valor de case 3 millóns de euros procedentes do Orzamento Participativo 2015 en resposta ás peticións dos veciños. O 15% dos máis de 55.000 cidadáns que se involucraron neste pioneiro proceso en España solicitaron á institución luguesa investimentos en infraestruturas.
As obras afectan a 45 quilómetros de vías provincias, nos que se mellorará o firme con aglomerado en quente e a sinalización, que transcorren polos municipios mariñáns de Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Foz e O Valadouro, ademais dos de Antas de Ulla, Baralla, Cervantes, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz, Sober, Pol, Monterroso, Navia de Suarna, Lugo e O Saviñao.
A listaxe de proxectos que se acordará na sesión deste vernes, xunto aos procesos de contratación das actuacións que inclúen, son os seguintes:
– Concello de Alfoz: LU-P-0202 “de San Acisclo a Oiras” P.K. 3,650 ao 5,050; e LU-P-0210 “de San Acisclo por Allegue a San Antonio” P.K. 3,270 ao 3,910. Orzamento: 173.930 euros.
– Concello do Valadouro: LU-P-6302 “de Calvario, na de Ferreira a Cangas, a Vilar, na LU-152 e Rampa a Iglesa” P.K, 0,000 ao 3,170. Orzamento: 169.078 euros.
– Concello de A Pontenova: LU-P-4808 “da Pontenova por Vilaouruz á N-640” P.K. 6,700 ao 9,000. Orzamento: 104.507 euros.
– Concello de Foz: LU-P-2007 “de Nois por Cordido á de Eixo a Moas” P.K. 0,000 ao 4,716. Orzamento: 232.427 euros.
– Concello de Barreiros: LU-P-0603 “de San Miguel de Reinante á Praia de Pasada” P.K. 0,000 ao 2,043. Orzamento: 148.729 euros.
Outros concellos
– Concello de Pol: LU-P-4604 “de Caraño á Braña” P.K. 0,000 ao 3,900. Orzamento: 207.041 euros.
– Concello de Lugo: LU-P-2923 “de Santa Eulalia de Bóveda a Cruz de Gonce” P.K. 0,640 ao 2,840. Orzamento: 112.000 euros.
– Concello de Cervantes: C.P “da estrada Becerreá-Navia por San Román de Cervantes á Degrada” P.K. 15,380 ao 17,550. Orzamento: 226.293 euros.
– Concello de Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz” P.K. 5,976 ao 9,776. Orzamento: 232.572 euros.
– Concello de Ribeira de Piquín: LU-P-4606 “de Rioxoán por Boel, Chao do Pousadoiro e Carballido, a Asturias” P.K. 9,950 ao 10,750; LU-P-5401 “de Boel, por Martín, á estrada de Meira-Cádavo, en Muíña” P.K. 0,650 ao 1,050; e LU-P-5403 “accesos e Ponte de Piquín, sobre río Eo (treito Santalla-Piquín) P.K. 0,000 ao 0,970. Orzamento: 127.969 euros.
– Concello de Baralla: LU-P-0508 “da LU-710 por Castrolanzán á CP 0708” P.K.2,800 ao 4,500, P.K. 7,000 ao 7,520 e P.K. 7,940 ao 8,710. Orzamento: 226.979 euros.
– Concello de Navia de Suarna: LU-P-3501 “de Navia ao Alto do Restelo” P.K. 4,860 ao 7,750. Orzamento: 212.009 euros.
– Concello de Monterroso: LU-P-3301 “de Monterroso ao Marco” P.K. 7,400 ao 11,730. Orzamento: 219.000 euros.
– Concello do Saviñao: LU-P-4102 “de Ferreira a Currelos” P.K. 12,154 ao 14,467. Orzamento: 177.349 euros.
– Concello de Sober: LU-P-5904 “de Sober, por Gundivós, a Vilacha” P.K. 1,350 ao 5,500. Orzamento: 218.483 euros.
– Concello de Antas de Ulla: LU-P-0301 “de Antas de Ulla a Rodeiro” P.K. 0,000 ao 0,230; LU-P-0302 “de Antas de Ulla, por Santa Mariña, a Borraxeiros” P.K. 0,000 ao 0,270; e LU-P-1809 “de Chantada a Antas de Ulla” P.K. 24,719 ao 24,849. Orzamento: 63.665 euros.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



