Barreiros, 30 de abril de 2015. As asociacións de Barreiros propoñen o venres 15 de maio ás 9 da noite como data para a celebración dun debate público entre os cabezas de lista dos tres partidos que se presentan ás eleccións do 24 de maio no Concello: PP, BNG e PSOE. Así o acordaron un total de 23 asociacións que apoian a iniciativa e que mantiveron unha reunión onte pola noite no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme.
Este xoves, representantes das asociacións entregaron persoalmente un convite aos tres cabezas de lista, Alfonso Fuente, polo Partido Popular; Ana Ermida, polo Bloque Nacionalista Galego; e Mari Carmen Veiga, polo Partido Socialista Obreiro Español. Os tres cabezas de lista teñen de prazo até este sábado para confirmar a súa presenza no debate.
A proposta xurdida das asociacións para a celebración dun debate público en Barreiros entre os cabezas de lista das tres formacións políticas que se presentan ás eleccións do 24 de maio non para de sumar apoios. 23 asociacións do Concello confirmaron a súa presencia neste debate, na que dirixirán preguntas ás tres persoas que aspiran a ostentar a alcaldía nos vindeiros 4 anos.
As asociacións promotoras, entre as que se atopan asociacións de veciños de distintas parroquias, como as de San Cosme, San Miguel, Vilamar, San Xusto, A Rilleira, Vilamartín Pequeno ou Celeiro, asociacións culturais como Ollomao, O Arco da Vella e Santo Estevo, a Asociación de Comerciantes, a ANPA do Colexio de San Miguel, os clubes de fútbol Celta Barreiros e Iberia, a asociación de gandeiros Barreiros Leite e outras de carácter social ou deportivo, invitan “ás demais asociacións de Barreiros, todas sen excepción, a sumarse a esta iniciativa democrática” que suporía “a celebración do primeiro debate na historia de Barreiros”.
As asociacións que aínda non confirmaron a súa asistencia no debate poden facelo até o mércores da vindeira semana contactando con algunha das asociacións participantes e deste xeito terán a oportunidade de trasladar ás tres forzas políticas os problemas ou preguntas dos seus veciños ou asociados. Todas as asociacións terán tamén até ese día, o mércores 6, para enviar o seu listado de preguntas e temas a tratar no debate, até un máximo de tres por asociación.
“Debate público e absolutamente imparcial”
O movimento asociativo de Barreiros fai a través desta iniciativa un chamamento a prol da “a participación veciñal directa na toma de decisións que afectan ao ben común” por considerar que “esa é a base da democracia real” e, por iso, queren que os cabezas de lista das distintas formacións políticas expliquen á cidadanía as súas propostas neste debate do día 15, que será aberto e ao que poderán asistir todas as persoas que o desexen.
As 23 asociacións participantes xa na iniciativa insisten en que o debate será “público, aberto e absolutamente imparcial”. “Co gallo da celebración, o vindeiro 24 de maio, de eleccións municipais e co obxectivo fundamental de que a cidadanía coñeza as propostas das distintas formacións políticas para o concello de Barreiros, consideramos imprescindible que se realice un debate público en Barreiros cos tres grupos políticos que presentan candidatura ás próximas eleccións municipais do 24 de maio nun espazo no cal se respecten as normas establecidas pola Xunta Electoral para os debates públicos, a saber: respeto é igualdade nos tempos de intervención e respecto nos turnos en función do número de votos obtivos por cada partido político nas anteriores eleccións”, explican as asociacións na carta entregada este xoves aos cabezas de lista das tres formacións políticas.
O debate estará moderado por dous xornalistas da comarca, Pablo Villapol, de EL PROGRESO, e María Cuadrado, de LA VOZ DE GALICIA.
“Obriga democrática dos candidatos para cos veciños e veciñas”
Na carta entregada hoxe a Alfonso Fuente, Ana Ermida e Mari Carmen Veiga, as asociacións convidan aos cabezas de lista de PP, BNG e PSOE a tomar parte neste debate “como unha obriga democrática para cos seus veciños e veciñas, que teñen dereito de coñecer de primeira man as propostas de cada partido”.
Para o movimento asociativo de Barreiros, este debate, é “un complemento imprescindible aos mítines electorais que poidan organizar os distintos partidos políticos”, un acto público “no cal a cidadanía teña a posibilidade de coñecer e confrontar de primeira man as propostas dos tres grupos políticos”.
Sería a primeira vez que se celebra un debate electoral no concello de Barreiros entre as distintas formacións políticas que se presentan á alcaldía. As asociacións promotoras destacan que se trata dunha iniciativa “a prol da transparencia, a pluralidade, a cultura democrática e a participación veciñal na vida do Concello”.

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



