Alfoz, 17 de abril de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro levou a cabo este venres outra intensa xornada en clave electoral en A Mariña. Se a fin de semana pasada presentaba numerosas candidaturas nesta comarca, hoxe foi o turno doutras tres. Foi en Alfoz onde puxo o punto e final a este día.
Na Finca Galea, e ante veciños, simpatizantes, alcaldes, portavoces e demais representantes políticos da comarca, o presidente provincial eloxiou á candidatura que lidera o actual rexedor, Emilio Lousas e puxo en valor todo o traballo levado a cabo por este equipo ao longo de todos estes anos.
“Estamos falando dun equipo formado por persoas serias, traballadoras e honestas”- sentenciou Barreiro, quen definiu a candidatura de continuista e valorou a incorporación de persoas novas.
Pola súa banda, o candidato e actual alcalde, Emilio Lousas, agradeceu á dirección provincial a confianza depositada na súa persoa para volver a encabezar a lista popular e puxo en valor ao seu equipo.
“O PP de Alfoz é un equipo formado por persoas serias, honestas e traballadoras. Estamos coordinados e remamos na mesma dirección. En conxunto dialogamos sobre as aportacións, propostas e ideas de todos”- recalcou Lousas, quen insistiu en que de no existir tal sintonía, os feitos non acadarían un bo resultado.
O popular explicou que malia a ser unha candidatura continuista, incorporáronse de suplementes a mozos e mozas co obxectivo de que o partido siga vivo, para aportar frescura, en definitiva, “para contribuír a que a agrupación local sexa a Savia da xente nova”.
CANDIDATURA PP ALFOZ
Está formada por 16 persoas e conta con 7 suplementes
Emilio Lousas Muiña
Juan José Fraga Paz
María Pilar Rivas Fraga
Constantino Paleo Rejes
José Vázquez Peino
Cándido Valeriano Yáñez González
Mónica Gil Basanta
Judit Casabella Pardeiro
Fernando Rico Val
SUPLEMENTES
Silvia Pais Fanego
Susana Fanego Montero
Iván Fernández Pernas
Daniel Rejes Trobo
Pastor Blanco Hermida
Marco Vázquez López
Jesús Paz Pumares




















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



