A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, presentaron o martes 31 de marzo en Santiago a nova programación do ciclo ‘Cultura no Camiño’, que se desenvolverá do 15 de abril ao 30 de setembro nun total de 93 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
Na súa terceira edición, o programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela despregará unha carteleira de 316 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 138 formacións artísticas galegas. Neste sentido, articúlase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Cun orzamento superior aos 500.000 euros, na organización deste programa participan a Xunta de Galicia –a través de Turismo de Galicia e da Agadic– e os 93 concellos inscritos, que asumen unha parte dos cachés artísticos. Vólvese contar, ademais, co patrocinio de Gadis, cuxo director de Marketing, Antonio Cortés, participou tamén na presentación desta nova entrega de ‘Cultura no Camiño’.
Desestacionalización
Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia resaltou que o Camiño de Santiago continúa a ser un fenómeno plenamente actual e converteuse nun símbolo de identidade, un elemento desestacionalizador e captador de turismo internacional que posiciona Galicia como marca e como destino diferencial.
Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta sinalou que as actuacións de conservación, mantemento e promoción da Ruta Xacobea son fundamentais para a súa difusión e para incrementar o valor engadido da experiencia de ser peregrino en Galicia. Neste senso, Nava Castro afirmou que ‘Cultura no Camiño’ incrementará un ano máis a vertente cultural desta experiencia única, sumando un importante atractivo adicional para peregrinos e visitantes.
Escolma da produción galega
Pola súa banda, o director da Agadic incidiu na implicación dos concellos na posta en marcha desta iniciativa, que se desenvolve como complemento á súa oferta habitual. Subliñou tamén que o programa ofrece unha destacada escolma da actual produción escénica e musical galega con nomes como Xoel López, Talía Teatro, Teatro do Atlántico ou Malasombra, citando tan só algún dos 138 grupos e artistas incluídos nesta ampla carteleira. Serán, en total, 138 representacións de teatro e danza, 80 actuacións musicais, 55 de maxia e 43 de novo circo.
En canto á distribución territorial da actividade, ‘Cultura no Camiño’ foi ampliando progresivamente o número de concellos implicados desde a súa primeira edición, celebrada na segunda metade de 2013. Todos os municipios participantes están situados nalgunha das rutas de peregrinación polas que discorre o Camiño de Santiago en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Camiño de Inverno, Ruta Xacobea do Mar de Arousa-Río Ulla, Camiño Primitivo, Camiño do Norte e Vía da Prata.
Por provincias, 34 concellos coruñeses acollerán 111 actuacións; en Lugo, 21 concellos ofrecerán 70 espectáculos; 15 concellos de Ourense porán ao dispor do público 60 funcións; e en Pontevedra, 23 concellos programarán un total de 75 representacións.
O calendario de actuacións estará dispoñible para a súa consulta a través da web de AGADIC, así como na sección de axenda da páxina de Cultura da Xunta de Galicia.
Programación na Mariña
BARREIROS
26/04/15 19.00 horas: Centro Sociocultural Manuel Diaz Sampedro-San Cosme “Sede de mal” (Culturactiva) Teatro
31/05/15 19.00 horas: Centro Sociocultural Manuel Diaz Sampedro-San Cosme “Historias dun ilusionista” (Mago Rafa) Maxia
14/06/15 19.00 horas: Centro Sociocultural Manuel Diaz Sampedro-San Cosme ” Bivalvos como galegos!” (Os Sete Magníficos + 1) Teatro
21/06/15 19.00 horas: Centro Sociocultural Manuel Diaz Sampedro-San Cosme “Ride, ride…!” (3DTrans) Teatro
LOURENZÁ
01/05/15 19.30 horas: Salón de Actos da Casa da Cultura “Ledicias” (A illa dos nenos) Maxia
28/06/15 17.00 horas: Fortaleza de Tovar “A traizón” (Os Quinquilláns-Teatro de rúa) Teatro
RIBADEO
15/07/15 20.30 horas: Parque San Francisco “Historias da Maletra” (Raquel Queizás) Teatro infantil
29/07/15 20.30 horas: Auditorio Hernán Naval “Canta connosco!” (Migallas Teatro) Teatro infantil
12/08/15 20.30 horas: Parque San Francisco “Por qué é salgada a auga do mar?” (Os Quinquilláns-Teatro de rúa) Teatro infantil
19/08/15 20.30 horas: Parque San Francisco “Cabarés Pistacatro” (Pistacatro Productora de Soños) Novo circo.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



