Mércores 7 de abril. Unidad de Fene FS e a ED Burela FS repartíronse o II Torneo Triangular de Fútbol Sala Base de Semana Santa, que organizou a Fundación Imdecum o xoves pasado en Burela; o conxunto coruñés alzouse co trofeo de campión nas categorías benxamín e alevín, mentres que a escola laranxa se impuxo en prebenxamíns.
Vista Alegre acolleu a cita, na que tamén competiu a AFD Porto de Burela, entre as 10.00 horas e as 20.00 horas. Os participantes recibiron os trofeos de mans do alcalde de Burela, José María González Barcia, a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, o edil de Economía, José Casas, así como Manuel Blanco e Juanma Marrube, representando á Fundación Imdecum.
Pre-benxamín
CD Burela FS 6 – 5 CMI Unidad de Fene
CD Burela FS 4 – 1 AFD Porto de Burela
AFD Porto de Burela 1 – 5 CMI Unidad de Fene
Benxamín
CD Burela FS 1 – 4 CMI Unidad de Fene
Alevín
CD Burela FS 4 – 1 ED Burela FS
ED Burela FS 0 – 10 CMI Unidad de Fene
CD Burela FS 0- 5 CMI Unidad de Fene
CLASIFICACIÓN FINAL
Pre-benxamín
1. CD Burela FS
2. CMI Unidad de Fene
3. AFC Porto de Burela
Benxamín
1. CMI Unidad de Fene
2. CD Burela FS
Alevín
1. CMI Unidad de Fene
2. CD Burela FS
3. ED Burela FS






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
