Cervo, 17 de abril de 2015.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou este venres, xunto aos eurodeputados Pilar del Castillo e Francisco Millán, as instalacións de Alcoa en San Cibrao, onde salientou que a compañía configúrase como “o mellor exemplo” do potencial da industria galega en Europa. Neste sentido, o titular de Economía e Industria sinalou que Alcoa tense convertido nun referente do sector resultando unha das mellores plantas europeas e do mundo de produción de aluminio, motivo do interese dos eurodeputados en coñecer as súas infraestruturas.
“Esta visita responde ao compromiso co tecido produtivo galego dos eurodeputados Pilar del Castillo e Francisco Millán Mon”, incidiu Conde, quen destacou a aposta da Unión Europea por un crecemento “sostible e intelixente” no que a innovación e a industria son “dous puntos determinantes”, e onde debe atoparse o “equilibro entre o custo da enerxía, os impactos medio ambientais e a propia industrialización”.
Neste contexto, Pilar de Castillo salientou o interese por coñecer de primeira man o impacto de posibles aumentos do prezo dos dereitos de emisión na competitividade industrial. Por este motivo, avanzou, a Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento europeo, da que é membro, traballa na procura de solucións en relación á deslocalización e aos estímulos que reciben as empresas, onde entran as industrias de consumo intensivo de enerxía.
“Desde a Xunta estamos a traballar, en colaboración coas institucións europeas, apostando por unha reindustrialización e por unha maior modernización do noso tecido produtivo”, salientou o conselleiro. Un traballo no que, segundo apuntou, as empresas electrointensivas xogan un “papel determinante” para a creación de emprego, e onde Galicia ten un gran peso. “O noso sector metalúrxico factura preto de 15.000 millóns ao ano, empregando a 55.000 persoas”, subliñou Conde.
No desenvolvemento da industria galega, e no sector metalúrxico en particular, explicou o titular de Economía, Alcoa ocupa un lugar fundamental. A súa importancia, destacou, fai dela “o principal motor económico e social da Mariña”, empregando arredor de 1.600 traballadores entre directos e indirectos.
“A aposta de Alcoa por Galicia tradúcese nos importantes investimentos realizados durante estes anos”, subliñou o conselleiro, quen destacou que deste xeito a compañía ten reducido os custos de produción ou elevado a súa flexibilidade.
Así mesmo, salientou Conde, a planta de San Cibrao ten apostado polo gas natural nos procesos de produción. Unha decisión para a que ten contado co apoio do Goberno galego e que leva aparelladas melloras económicas e ambientais
Un cambio que, segundo destacou o conselleiro, vese reforzado co novo gasoduto da Mariña, inaugurado a principios de ano, e que se configura como unha estrutura fundamental para o desenvolvemento económico e a mellora competitiva non só de Alcoa senón de toda a industria da comarca.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



