Na xornada do sábado 18 de abril, unha vintena de membros da Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” desprazáronse ata a provincia de Pontevedra, concretamente á Comarca do Deza, onde se moveron polos Concellos de Silleda e Vila de Cruces. Xa alí, realizaron unha ruta circular de algo máis de 13 kms. A camiñata comezou no entorno do Mosteiro de Carboeiro e tivo como punto destacado unha parada na Fervenza do Toxa, un dos saltos de auga máis impresionantes da nosa Comunidade. Despois dun breve descanso, tras baixar do mirador da fervenza, reiniciaron a marcha para rematar a andaina no punto de inicio. Repuxeron forzas nun restaurante local, e antes do regreso, acercáronse de novo ó Mosteiro para facer unha visita polo interior e as dependencias anexas, que conforman un conxunto arquitectónico destacable.




















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



