O vindeiro venres 17 de abril ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Foz, será presentado o libro: Campos de Xan Amor do ex alcalde, José Mª García Rivera. Alfonso Otero Regal, Francisco Piñeiro, Paco Rivas e Pablo Mosquera, que ofrecen a súa opinión no libro sobre a traxectoria de José Mª García Rivera como alcalde de Foz nas etapas 1995-2011, tamén estarán presentes no acto.
Segundo Rivera “o importante nesta vida é ir recordando a Historia, e a miña historia funa recompilando nun pequeno libriño de peto que cada día ía anotando o máis importante para o noso Concello”.
Sobre a primeira etapa (1995-2003) saíu á venda con fins sociais o libro A sombra dun Castiñeiro e agora tamén sae á venda Campos de Xan Amor que comprende a etapa 2003-2011 e onde se contan “moitas vivencias, moitos problemas, moitas alegrías e tamén moita solidariedade, ademais doutros aspectos desagradables que, desde o meu punto de vista, que non se poden obviar”.
A recadación do libro servirá para colaborar coa asociación Stop San Filippo que loita para que se investigue esa enfermidade rara que afecta aos nenos e que lles fai perder a súa vida na adolescencia.