Bruxelas, 14 Abril 2015.- A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, rexeitou entrevistarse este mércores co monarca español Felipe VI durante a visita que este realizará ao Parlamento Europeo, xuntanza solicitada dende a Representación Permanente de España ante la Unión Europea. Esta mesma decisión foi tomada pola totalidade das deputadas/os que integran a delegación europarlamentaria da Esquerda Plural, onde AGEe está integrada, así como por outras organizacións políticas estatais como Bildu.
Para Senra, “é fundamental que se impulse a celebración dun referendo no Estado Español arredor da existencia da monarquía, que permita á cidadanía elixir libremente a forma de Estado que prefire”, ao mesmo tempo que abra un proceso constituínte “que recoñeza o dereito a decidir dos pobos que conforman a súa realidade plurinacional”.
Dende AGEe consideramos que é necesario que dende a sociedade europea loitemos con contundencia para definir e traballar por unha democracia plena, real, que a día de hoxe fica diluída baixo unha ditadura financieira que antepón os intereses do Capital por diante dos dereitos das persoas.
Unha estrutura de goberno que realmente resposte ás necesidades e demandas da cidadanía “ten que permitir someter a debate e a sufraxio os elementos esenciais do propio sistema de goberno, en Europa e nos Estados membros”, recalcou Lídia Senra, “e para iso é imprescindíbel que garanta o dereito dos pobos a decidir sobre o seu futuro e sobre a maneira en que desexan relacionarse cos Estados dos que hoxe fan parte”.
“O actual xefe do Estado non foi elixido por ninguén. En pleno século XXI non ten ningunha xustificación que a xefatura do Estado sexa transmitida por herdanza. É un completo anacronismo”, valorou a eurodeputada de AGEe.
“Como nacionalista galega”, proseguiu, “dende o Parlamento Europeo teño a responsabilidade de loitar para que a nosa nación poda decidir en pé de igualdade con outros pobos o modelo de Europa que queremos, un modelo que ten que garantir os dereitos da sociedade en xeral e das clases populares en particular, recoñecendo e garantindo tamén especificamente os dereitos das mulleres e resolvendo a actual situación de desigualdade; un modelo dende logo moi afastado do que actualmente representa Felipe VI”.


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



