Mondoñedo, 14 de abril de 2015.- A presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular de Mondoñedo, Beatriz Meilán, anunciou na mañá deste martes que o próximo sábado terá lugar o segundo encontro práctico para o estudo do potencial turístico local e a súa dinamización.
Meilán explicou que a programación da II Xornada de Turismo desenvolverase en horario de mañá, entre ás 10:30 e as 13:30 horas, e de tarde, entre as 16:30 e as 19:00 horas, no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo.
A presidenta de Novas Xeracións asegurou que a través desta xornada buscamos “afondar na aprendizaxe dos pasos a seguir para que repunte unha actividade cuns valores indiscutibles para a localidade”. Así, se no primeiro encontro “escoitamos outros casos de referencia no desenvolvemento turístico, nesta ocasión a xornada céntrase especialmente no potencial turístico da localidade na área cultural e de patrimonio histórico”.
Meilán puntualiza que a través de expertos no sector, tanto do ámbito privado como da administración, así como de representantes da hostalería mindoniense, buscamos unha análise das “carencias visibles e de posibles formas de corrixilas”.
Por último, a moza popular engade que esta actividade está organizada por Novas Xeracións en colaboración co PP local e encádrase, polo tanto, no marco das diferentes iniciativas que están a desenvolver os populares na localidade co único obxectivo de saber aproveitar os recursos de Mondoñedo e fomentar, polo tanto, o turismo local.
Entre os pasos dados polo PP local atópase o impulso dun plan de turismo local a través da colaboración na reorganización dos recursos turísticos como na creación de paquetes turísticos, o coñecemento de primeira man doutros casos concretos e colaboración con eles, a reunión con expertos, a participación en Fitur…


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



