Burela, 10 de abril de 2015. O 30 de
maio terá lugar en Burela, na nave de redes, o IX Encontro de Palilleiras que organizan a Fundación Expomar e a asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras As Encaixeiras. Colaboran: o Concello, Absa, Deputación de Lugo e Confraría de Pescadores de Burela. O evento presentouse este venres no salón de plenos do Concello.
O alcalde, José Mª González Barcia, dixo que “desde o Concello e desde a Fundación Expomar queremos axudarlle a esta asociación que continúen a desenvolver esta actividade. O Concello faino a través da subvención anual que lles concedemos e poñendo á súa disposición os recursos materiais e humanos que precisan para este evento e desde a Fundación Expomar tramítanse os permisos para que o encontro se poida celebrar na nave de redes”.
O rexedor sinalou que “de todos é coñecida a vinculación das palilleiras coa cultura mariñeira. Estas mulleres dedican a esta actividade o seu pouco tempo libre e o seu tempo de espera aos mariñeiros que se atopan fora e grazas á mesma obteñen uns ingresos económicos adicionais. Por esa vinculación co mundo do mar é pola que a Fundación Expomar está presente no encontro ao que acudirán palilleiras chegadas de toda Galicia e do norte peninsular”.
A inauguración do Encontro será ás 11:30 horas. Despois ás 12 haberá unha degustación de empanada de pescada. Pola tarde ás 16.30 horas os asistentes poderán disfrutar dun desfile a cargo de Javier Eijo e Jacob de la Iglesia. Ademais está prevista a actuación do grupo de baile e canto tradicional Arume. A exposición cos traballos das palilleiras estará aberta de 10.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



