As primeiras celebracións do Día da Nai remóntanse á antiga Grecia, en honor a Rhea, nai de Júpiter (deus do ceo). Os romanos chamaban á efeméride A Hilaria e tiña lugar o quince de marzo no templo de Cibele. Os primeiros cristiáns transformaron as celebracións en honor da Virxe, a Nai de Xesús, que mais tarde trasladaron ó mes de maio, por ser o tempo sinalado pola Igrexa para honrar de xeito especial á Nai de Deus e por ser o mes das flores, pois é sabido que éstas contan cnnha linguaxe propia e que con cada unha delas podemos transmitir unha mensaxe diferente. Actualmente na maioría dos países europeos celébranse o primeiro domingo de maio. Pero non en todas partes é o mesmo día, pois amais de EE.UU. tamén en Alemania se festexa o segundo domingo, e nos países de Latinoamérica a data varía por motivos, ás veces, ben curiosos: Nicaragua, por exemplo, escolleo o día 30 de maio, porque nesa data era o cumpreanos de Casimira Sacasa, que era a sogra de Anastasio Somoza, presidente daquel país na década dos anos corenta; na Arxentina o día sinalado é o terceiro domingo de outubro… Mantemos na memoria o recordo dunha celebración especial do Día da Nai, en Foz, o ano 1968. Naquela data unha Asociación de Cabezas de Familia, existente na vila, que presidía Martín Jaureguizar, organizara a festividade da Nai cunha velada literaria no entón Cine Cageao, ateigado de público, no que participaran as rapazas e rapaces dos colexios; acto que pechara o escritor e político da República, don Ramón Fernández Mato, que entón residía na nosa vila, coa brillantez do seu verbo florido, tan ricaz en imaxes e metáforas; sen dúbida, un broche de ouro para un evento no que as flores e a poesía foran os elementos que deran vida ó acontecemento. Ó remate del,a directiva da asociación, trasladárase a Cordido para homenaxear no seu fogar á que naqueles intres era a nai mais vella do concello. Hai preto de medio século..
“Nai, ¡adorada nai!, mártir escura / branca pombiña, arruladora e tenra/ ¡ ai!, se souperas como me deixabas / non te morreras”. (Curros: “Na morte de miña nai”).


















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



