Lugo, 30 de abril de 2015.- O Grupo Provincial do Partido Popular solicita acceso a todos os informes relativos ao expediente da última proposta de modificacións puntuais da relación de postos de traballo, aprobada inicialmente pola Deputación de Lugo no último pleno provincial, pola vía da urxencia, e sen contar nin co respaldo do GPP nin de varios sindicatos.
A voceira dos populares, Elena Candia, explica que queren ter acceso a todos os informes, especialmente aos económicos nos que se valora esta subida salarial, coa finalidade de estudar a presentación de alegacións ante esta proposta, para o que existe dende onte un prazo de 20 días.
Candia engade que o seu grupo se ve na obriga de requirir esta documentación mediante o rexistro dun escrito dado que o equipo de goberno da Deputación de Lugo non convocou unha comisión informativa previa para tratar a proposta de aprobación desta modificación.
Candia lembra que lle foi comunicada a inclusión na orde do día desta proposta de modificacións puntuais da RPT unha hora antes da celebración do pleno, e séndolle entregada só a documentación de Recursos Humanos. Así, o bipartito da Deputación, aprobou inicialmente por vía de urxencia a subida salarial a un número moi reducido de traballadores, detrás da que se esconde o pago de favores políticos a axentes electorais, e sen darlle acceso aos populares previamente a toda a documentación.
Por último, a voceira dos populares lembra que se aprobou inicialmente o incremento salarial por un importe total de 307.000 euros e que afecta a un grupo moi reducido de traballadores, ata o punto de subir o salario ao mes dalgún empregado desta institución nunha contía superior á que percibe un español que cobra o Salario Mínimo Interprofesional.
“Besteiro quere deixar blindados aos seus axentes electorais, e o GPP non será cómplice desta utilización da Deputación como unha axencia de colocación e como unha forma de financiar ascensos políticos”, conclúe.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



