Santiago, 7 de abril de 2015.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana a creación dun rexistro nacional de posibilidades de pesca no que se rexistren todas as operacións de transmisión de dereitos entre os buques e a activación dun Plan de Mercados Excelentes que poña en valor os mercados e prazas de abastos galegos.
Unha vez rematada a Xunta de Portavoces celebrada esta mañá, o portavoz popular, Pedro Puy, informou que na sesión plenaria da vindeira semana procederase ao debate dunha proposición de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno central para que adopte as medidas técnicas e normativas necesarias para a creación dun rexistro nacional de posibilidades de pesca.
Posibilidades da pesca
“Excluíndo a flota artesanal, a partir de agora os dereitos de pesca pódense comprar, vender ou alugar entre os buques cunha serie de condicións moi estritas, de xeito que non se pode especular con eles”, explicou o portavoz popular. Neste sentido, lembrou que unha das propostas do Ditame Unitario aprobado polo Consello Galego de Pesca facía referencia á necesidade de permitir o intercambio de cotas en función dos intereses das distintas flotas, unha cuestión que está previsto se incorpore na reforma da Política Pesqueira Común e que motiva a necesidade de que o Goberno de España regule esta cuestión a través dun rexistro nacional de posibilidades de pesca para que o sector poida coñecer como se atopa a situación de explotación dos recursos pesqueiros.
Unha segunda proposición non de lei do Grupo Popular solicita o impulso dun plan de mercados excelentes que incentive as posibilidades das prazas e mercados de abasto existentes en Galicia. “O centenar de mercados existentes en Galicia son un magnífico escaparate para os produtos galegos, especialmente os frescos, e cumpren a función de ofertar produtos de calidade ao tempo que estanse a converter nun motivo de atracción turística”, sinalou Puy.
A sesión plenaria da vindeira semana dará comezo co debate e votación do ditame e das propostas de resolución da Comisión Permanente non Lexislativa para as relacións co Consello de Contas sobre o informe de fiscalización do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios económicos de 2011 e 2012.
Modificación lei de estradas
A continuación, procederase ao debate para a admisión a trámite da proposición de lei do Grupo Popular pola que se modifica a Lei de Estradas de Galicia. Pedro Puy dixo que “se trata de facer uns axustes que afectan ao cinco por cento do total do texto e na meirande parte son engádegas na redacción dalgúns artigos para solventar as incidencias que tanto o Grupo Popular como a Xunta teñen detectando”.
A orde do día do Pleno incorpora, ademais, a comparecencia da conselleira de Sanidade para informar dos resultados da Avaliación Estratéxica do Sergas 2014. O portavoz popular considerou “relevante esta comparecencia porque se trata de render contas sobre a actividade desenvolvida en materias tan importantes como as infraestruturas, a política de persoal, a política farmacéutica, a atención priorizada as enfermidades ou a cronicidade; e chega nun momento oportuno dado que nestes momentos estanse a deseñar os obxectivos de cara a 2020 da estratexia sanitaria do Sergas”.
No apartado de preguntas, Puy sinalou que hai unha cuestión aprazada sobre o proceso de negociación comercial que está a manter a Unión Europea con Filipinas para a concesión de beneficios arancelarios aos produtos da pesca procedentes dese país, á que se engaden outras dúas: unha sobre expectativas do Goberno galego en relación co plan deseñado para impulsar o Centro de Innovación e Servizos CIS-Galicia localizado en Ferrol e outra sobre o estado de execución en que se atopan as obras do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo.

















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



