A Mariña, 13 de abril de 2015. O BNG levará o mércores ao Parlamento Galego a situación que está a vivir o cadro de persoal da fábrica de Vestas en Viveiro. Despois do anuncio da empresa no que pretendía a extinción de 54 empregos e un expediente de regulación temporal para 95 persoas, o BNG trasladou a súa solidariedade ás traballadoras e traballadores e pide que a Xunta se implique no mantemento do emprego nunha comarca que, nos últimos anos, vén sufrindo un continuo proceso de perda e degradación do emprego.
O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, que xa estivo reunido co comité de empresa para coñecer de primeira man a situación, expoñerá o mércores no pleno a importancia dunha fábrica coma a viveirense para a economía local e comarcal, ao tratarse dun cadro de persoal cualificado, cunha media de idade baixa e dun traballo de certa calidade nas condicións. “O que se fai é destruír emprego que ten certa calidade, conseguida polos traballadores coas súas loitas, para precarizalo e perxudicar ás empregadas e empregados”, afirman desde o BNG.
Desde o BNG na Mariña, Ana Ermida afirma que “non podemos permitir perder máis postos de traballo na comarca ou converter os que existen en traballo precario que non garante unhas mínimas condicións para as persoas que os prestan.”
“É preciso que a Xunta se implique na negociación. Estamos a falar dun sector no que Galiza podería ser punteiro e destacar na súa produción e o goberno galego, se é quen de actuar como tal, debe implicarse ao máximo nivel para garantir a continuidade da fábrica nas mesmas condicións que ata este momento”, afirma a responsábel comarcal.
“Non chega con boas palabras ou xestos. É preciso que a negociación sexa cara a cara entre goberno galego e empresa. A Xunta debe implicarse para defender ás traballadoras e traballadores e non pode deixar fuxir máis empresas que deixan en Galiza traballo precario cando teñen recibido cartos públicos para a súa actividade. Non pode poñerse de perfil e deixar pasar”, declarou Cosme Pombo.
A formación nacionalista esixirá o compromiso do goberno da Xunta para solucionar o conflito, así como que se chegue a compromisos coa dirección da empresa para garantir a continuidade dos empregos e das condicións que teñen ata este momento, ao entender que se trataría doutro duro golpe para a economía de Viveiro, da comarca e de toda a provincia.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



