Santiago, 7 de abril de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou, sen ningún voto en contra, a iniciativa do Grupo Popular para que se xeneralice o aproveitamento marisqueiro e comercial do holothuria forskali, un equinodermo que está presente nas augas do noso litoral, coñecido popularmente como carallo de mar ou pepino de mar (en castelán) e que ata o de agora non era obxecto de atención pesqueira.
O acordo da Cámara galega insta á Xunta a estudar a situación deste recurso e, en función dos resultados do mesmo, autorizar a posibilidade de expandir a súa explotación a outras áreas de Galicia logo de que o pasado mes de decembro o Goberno galego autorizase, para este ano 2015, o aproveitamento en exclusiva polas embarcacións da confraría de pescadores de Cangas (Pontevedra).
Recurso moi abundante en Galicia
Estes equinodermos do xénero holoturia son moi abundantes en todo o Cantábrico. Pódense atopar en calquera pedreiro chan que forme pozas á baixamar, preferiblemente en mareas grandes, xa que prefiren o límite inferior do intermareal (en todo caso profundidades inferiores a 100 metros).
Da abundancia deste recurso tamén dan fe en certas zonas do caladoiro de Gran Sol. Os barcos que faenan na zona chegan a capturar ata catro toneladas por marea.
Alta rendibilidade
Trátase dun produto moi apreciado en Asia, onde acada prezos de ata 150 euros por quilo sobre todo en Chinesa e Corea, onde se considera unha delicatessen, tamén en Cataluña e o Levante. Pero en Galicia a práctica totalidade de ditas capturas devólvese ao mar, ata o de agora, sen aproveitarse
Non só para a gastronomía (emprégase sobre todo cocido ou desecado para disimular o seu aspecto vermiforme) tamén extractos de holoturia empréganse na elaboración de produtos farmacéuticos. O seu alto contido en calcio, magnesio, zinc e manganeso é tal que contribúe á protección das células do estrés oxidativo, e ás función normais do sistema inmune e das enzimas digestivas, entre outras cuestións.
O voceiro popular insiste en que a súa formación política, comprometida cun mellor futuro dos profesionais da pesca e do marisqueo, considera conveniente a análise e procura de mecanismos que permitan a posta en valor deste recurso por parte dos sectores pesqueiro e transformador galego e, máis en particular, a posibilidade de expandir a súa explotación a outras áreas de Galicia.




















A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.



