O persoal de Vestas de Chavín-Viveiro reunido este martes en asemblea decide aceptar a proposta da empresa a respecto do ERE de extinción e ERE de suspensión.
Cunha escasa diferencia de votos, aprobase o ERE de extinción de 28 persoas. Esta reducción de 54 a 28 despedimentos será a costa de que a empresa poida usar unha flexibilidade de 177 hs./ano (un 10% da xornada anual) ata decembro de 2017, cunha compensación de só o 5% na usada de luns a venres, e de un 20% na usada en sábados.
A posición do Comité, foi rotundamente contraria ao acordo no ERE extintivo, dado que non recoñecemos que haxa causa para o despedimento pretendido, mais como a asemblea de traballadores e traballadoras é decisoria, asinouse o acordo, o que non implica que os/as afectados/as non poidan reclamar contra o mesmo.
A sinatura do acordo últimouse este martes arredor das 23.00 horas tras momentos nos que a ruptura e a posibilidade de non sinatura do acordo, con independencia da posición da asemblea, foron palpables en varias ocasións, dado que a empresa non se aviña a plasmar os acordos falados. As negociacións foron tensas, e consideramos que con artimañas coercitivas que non podemos demostrar, senón estaríamos noutro escenario.
Aínda non sendo o pretendido por esta parte, alcanzar un acordo nestes termos, reducindo os despedimentos de 54 a 28, foi posible grazas á mobilización do persoal e ó apoio da veciñanza. Polo tanto, agradecemos, en nome propio e da plantilla á veciñanza así como ás organizacións e organismos que nos apoiaron e facilitaron medios para que puidesemos exercer os nosos dereitos.
Aínda que no Parlamento de Galiza houbo un acordo unánime de tomar medidas concretas, cara ao mantemento de todos os postos de traballo, e despois de ter sido recibidos pola Dirección Xeral de traballo, o resultado real é que por parte da Administración Autonómica non se
materializou ningún tipo de acción para efectivizar o compromiso adquirido. E xa sabemos que VESTAS ten solicitada outra subvención pola modificación actual. Non cabe duda de que os beneficios lles veñen por todos os lados e eses tamén son cartos nosos.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



