Mondoñedo 25 de abril de 2015.- A candidata á alcaldía polo Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, manifesta o compromiso de adecentar as instalacións deportivas do campo de fútbol da localidade.
Así lle lo trasladará a popular, xunto cos membros da candidatura, a Asociación Deportiva de Mondoñedo F.C., coa que manterá unha reunión hoxe co obxecto de recibir achegas no ámbito deportivo de cara á elaboración do programa electoral.
A xuntanza prevista para este sábado coa Asociación Deportiva de Mondoñedo F.C., intégrase dentro da rolda de reunións que está a manter o Partido Popular con asociacións e veciños para coñecer as súas necesidades e demandas.
A candidata do Partido Popular explica que onte mantiveron unha xuntanza cos veciños da parroquia de Masma e engade que estes encontros están a piques de rematar. Así, Candia valora que a “participación foi moi interesante con aportacións moi importantes”.
Polo tanto, a alcaldable explica que o programa que presentará o Partido Popular de Mondoñedo de cara ás eleccións de maio é o “programa de todos”, elaborado en consenso cos veciños “buscando a unión de todos e poñendo a maior ilusión”.