Ribadeo, 8 de abril de 2015. O Concello acaba de validar o Sistema de Xestión Ambiental EMAS, que leva implantado en Ribadeo desde hai anos. Este mércores o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, fixo balance e subliñou que o de Ribadeo “é o sistema máis potente dos 10 Concellos que o aplican en Galicia”.
O edil nacionalista explicou que “o noso Concello conta co Sistema de Xestión Ambiental máis potente de Galicia de entre os 10 que o teñen implantado. Son: Boiro, Boqueixón, Guitiriz, Muros, Poio, Ponte Caldelas, Santiago, Vilaboa e O Grove”.
Cupeiro subliñou que “hai pouco tempo acabamos de validar ese sistema, o sistema EMAX. Debido a que Ribadeo goza dunha saúde importante desde o punto de vista turístico, e que os ribadenses demostran a diario o seu bo comportamento ambiental vímonos na idea de consolidar a implantación do EMAX. Levamos desde o 2006, onde naquel momento so tiñamos implantado o sistema na oficina do concelleira e fomos variando e ampliando o seu alcance ata hoxe, ata o 2014”.
O concelleiro de Medio Ambiente indicou que “o sistema está promovido pola Unión Europea, conta co regulamento 1221/2009, é voluntario e o que pretende é concienciar ao cidadá para que todas as actividades que desenvolva as faga de maneira sostible co ánimo de que as xeracións futuras se encontren cun medio ambiente saudable, onde a biodiversidade non se vexa comprometida”.
Horacio Cupeiro dixo que “unha vez que desde a Xunta nos enviaron o rexistro da validación o Concello o que fixo foi colgar a declaración ambiental na páxina web. O sistema obríganos ter unha política municipal que está colgada con todas as dependencias onde está implantado ese alcance e ten uns obxectivos e un programa de xestión, que debe asegurar que cumprimos a lei, que melloramos ano tras ano, e tamén lle debemos dar información á veciñanza sobre todo o que estamos controlando para que saiban si o que están a facer está ben ou mal”.
A implantación deste Sistema de Xestión Ambiental “nos da un outorgamento cun distintivo que é recoñecido pola Unión Europea, tamén nos da un respaldo e recoñecemento doutras administracións coma o Estado, a Comunidade Autónoma, a Deputación ou outros Concellos; tamén nos obriga a conseguir cada ano melloras medio ambientais e tamén un aumento da competitividade. E temos un logotipo que nos acredita como Concello que ten implantado o sistema. Para poder gozar deste prestixio debemos ser supervisados por auditorías. Loxicamente hai dous tipos de auditorías, unha interna que che vai unha avaliación para detectar os fallos que estás a cometer, e despois hai auditorías externas que á súa vez os que a veñen facer teñen que estar acreditadas diante da ENA (Entidad Nacional de Acreditación)”.
Horacio Cupeiro sinalou que “a implantación do EMAS da unha garantía aos Concellos en canto a que están a cumprir coas normativas comunitarias. Temos implantado este Sistema de Xestión na Casa do Concello, no auditorio, na xestión de residuos, na Casa da Xuventude, na Casa da Ría, no Punto Limpo e tamén están metidas as praias de As Catedrais e As Illas-Castros co seu sistema de xestión ambiental propio”.
O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo engadiu que “pode ocorrer que os veciños, como isto é algo árido, algo técnico, non se dean conta da importancia que ten o sistema, que nos obriga a ter un comportamento medio ambiental moi forte”. E puxo exemplos: “tivemos un caso co tanque de combustible da caldeira da Casa do Concello, que está na praza, e resulta que había que pasar unha serie de inspeccións que non pasaba ata hai 6 ou 7 anos, levando instalado desde o ano 1.980. Esas auditorías sacan á luz aquelas cousas que non se están a facer ben ou que se descoñecen e logo hai que tomar medidas e solucións para cumprir con todas as normativas vixentes. E hai que darlle explicacións á Unión Europea de que todo que se utiliza no Concello de Ribadeo está controlado e publicado na páxina web do propio Concello”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



