RIBADEO, 17 DE ABRIL DE 2015.- O candidato socialista á alcaldía de Ribadeo -Roberto Ramos Piñeiro- denuncia publicamente que na residencia de maiores municipal hai 7 prazas baleiras. a pesares de que existe listaxe de agarda para entrar e dende o concello estase instando a veciños a que vaian para residencias de fóra do municipio.
“Estamos moi sorprendidos polas denuncias que recibimos de varios cidadáns pola súa situación de desamparo ao ser instados a residir en asilos de fóra da localidade. Pero moito máis sorprendidos aínda nos quedamos ao constatar que no centro de Ribadeo, tras unha visita que realizamos, nos informaron de que hai habitacións baleiras, xa que nos últimos tempos seguiuse a política de non cubrir esas prazas tras falecer as persoas que as ocupaban”, explica Roberto Ramos.
“Política de protección integral”
O alcaldable socialista engade que “dende o PSOE facemos unha política de protección integral dos maiores e diante desta situación queremos pedir explicacións ao Goberno local para que comunique aos veciños por que está realizando este tipo de xestión co asilo. Parécenos incrible que habendo 7 prazas baleiras e unha listaxe ampla para ocupalas se estea enviando a veciños de Ribadeo a outros asilos de fóra da súa localidade, o que supón un aumento dos seus gastos e tamén que teñan que estar afastados das súas familias. Cremos que é importante que alguén dea unha explicación sobre este feito e que se faga unha xestión axeitada para cubrir estas prazas vacantes no asilo, e que non estean baleiras”, subliña.




















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



